Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

As Mariñas Coruñesas logra o apoio da Deputación para sacar adiante a súa marca de produtos de calidade

Os presidentes de ambas as dúas entidades acordaron hoxe a colaboración que se articulará a través do plan de emprego provincial

 

A produción ecolóxica e artesá ao abrigo da reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo está nun momento doce. Cada vez máis son os emprendedores que se animan a aproveitar a oportunidade e dedicarse a produtos autóctonos como forma de vida.

A reserva ten entre os seus obxectivos do plan de xestión a creación da marca de calidade asociada a estes produtos para impulsar a súa promoción e introdución no mercado. Con esta finalidade, o presidente, José Antonio Santiso, e o vicepresidente, César Longo, reuníronse na mañá de hoxe co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Explicada a iniciativa, acordaron a implicación da Deputación na marca. Será a través do plan de emprego, apoiando as iniciativas emprendedoras neste sentido.

Santiso destaca a “boa disposición” mostrada polo mandatario provincial. Volverán celebrar unha reunión cando salga o plan de emprego para concretar os detalles da iniciativa.

O alcalde de Abegondo fíxolle ver ao presidente provincial o “apoio unánime” que ten o plan de actuacións da reserva, con implicación do asociacionismo, as administracións, a Universidade ou os sindicatos. “Buscamos sempre o consenso nos programas”, sinala Santiso, que se mostra “encantado” de contar coa Deputación para unha idea que pode supor oportunidades de crecemento económico para os 17 municipios.

O presidente apunta á inminente creación da marca de calidade da reserva como “paso definitivo” para impulsar a produción ecolóxica autóctona. E neste mesmo sentido anunciou que a reserva tamén promoverá un distintivo que recoñeza aos restaurantes que ofrezan produtos da marca de calidade. “Temos un potencial inmenso e debemos aproveitalo”, sostén Santiso.

A marca acollerá producións que se están consolidando na comarca, como o mel, o queixo, o viño, os produtos do mar ou da horta, servindo como vehículo de difusión das súas propiedades.

 

 


RGporn.com - Download Porno HD