Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O alcalde proponlle á conselleira de Medio Ambiente un proxecto de saneamento para a contorna do encoro de Abegondo - Cecebre

Daría servizo a 200 casas da península de Orto e Crendes cun orzamento dun millón de euros

 

O Concello de Abegondo busca a implicación da Xunta de Galicia para executar o proxecto de saneamento integral na contorna do encoro de Abegondo - Cecebre. O alcalde, José Antonio Santiso, mantivo unha reunión na mañá de hoxe coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, co obxecto de exporlle a actuación.

No encontro, celebrado na sede provincial da Xunta na Coruña, Santiso expúxolle a Mato a necesidade de completar a rede actual de rede de sumidoiros nas parroquias de Orto e Crendes, que lindan co espazo natural do encoro, engadíndose aos colectores xa existentes, froito de actuacións anteriores.

Co proxecto darase servizo de saneamento a unhas 200 vivendas, situadas principalmente na península de Orto. O orzamento aproximado dos traballos superará o millón de euros.

A conselleira comprometeuse a estudar a actuación, dado o interese xeral que ten. En efecto, co proxecto asegurarase o tratamento adecuado das augas residuais nunha área sensible.

Santiso agradeceu a “gran disposición” de Mato por levar a cabo un plan nunha zona que experimentou un importante crecemento poboacional nos últimos anos.

Proxecto pioneiro de análise de auga

Doutra banda, o alcalde expúxolle a Beatriz Mato os resultados que se están cultivando no proxecto europeo “Rural Supplies”, unha iniciativa pioneira para mellorar a calidade da auga das zonas do municipio sen posibilidade de abastecemento municipal, coordinado polo Concello e participado pola Consellería de Sanidade e Augas de Galicia.

Actualmente, tras analizar pormenorizadamente todas as traídas particulares, co seu informe pertinente, os usuarios dalgunha delas están inmersos na execución das melloras necesarias para garantir a salubridade da auga que consomen. Este é un traballo inédito no país e o alcalde apuntou a posibilidade que ten de reproducirse dado que esta situación de carecer de abastecemento estímase que se dá en 600.000 galegos.

O alcalde explica que o uso das traídas particulares segue estando “moi estendido” en Galicia polas dificultades na realización de infraestruturas de abastecemento e por iso “é necesario concienciarse da importancia de garantir a salubridade da auga que se bebe”.

Rede galega de reservas de biosfera

Finalmente, tamén en materia mediambiental, o rexedor, presidente da reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, propúxolle á conselleira a creación da rede galega de reservas de biosfera. Mato coincidiu con esta idea e explicou que a Xunta xa traballa na iniciativa.

Coa rede, apuntou Santiso, permitirase “vertebrar” os plans de acción dos distintos espazos galegos declarados pola Unesco.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


RGporn.com - Download Porno HD