Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

As Mariñas Coruñesas representa a Galicia no Congreso Mundial das reservas de biosfera que empezou hoxe en Perú organizado pola Unesco

Os 1.000 delegados de todo o mundo buscarán a aprobación dunha estratexia mundial para as reservas

 

A Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas encóntrase xa en Lima no IV Congreso Mundial de Reservas de Biosfera, organizado pola Unesco, e que comezou no día de hoxe. Alí representará a Galicia nesta importante cita que sucederá ao celebrado en Madrid en 2008.

A delegación está composta por José Antonio Santiso, presidente da reserva, Jorge Blanco, xerente, e Carlos Vales, director do Centro de Información Ambiental (CEIDA) da Universidade da Coruña.

O cumio conta coa participación de 1.000 delegados de todo o mundo. O obxectivo principal da cita consiste en acordar a estratexia mundial das reservas de biosfera 2016-2025, avaliando a execución e resultados da Estratexia de Madrid aprobada en 2008.

No Congreso tamén se analizarán novas candidaturas a ser reserva ou a ampliar a extensión. Serán un total de 32 candidaturas de 23 países: Arxelia, Australia, Canadá, España, Filipinas, Ghana, Haití, Honduras, Indonesia, Irán, Italia, Xapón, Kazajstán, Madagascar, Marrocos, México, Perú, Polonia, Portugal, República de Corea, Romanía, Reino Unido e Tanzania.

Organizado pola Unesco en colaboración co Ministerio del Ambiente y el Servicio Nacional de Áreas Naturales Protegidas de Perú, o Congreso Mundial celébrase por primeira vez fóra da rexión europea, posto que as tres citas previas tiveron lugar en Minsk en 1984, Sevilla en 1995 e Madrid en 2008.

Santiso manifesta que é un “orgullo” representar a comarca da Coruña e a Galicia nun cumio mundial deste calado. Resalta o “firme compromiso” das reservas galegas por confeccionar un plan de acción coa educación ambiental por bandeira.




RGporn.com - Download Porno HD