Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo e a Xunta acordan a construción dunha rotonda no cruzamento da AC-542 e AC-221, en Mabegondo

O alcalde logrou o compromiso da conselleira de Infraestruturas hoxe na Casa do Concello. O proxecto servirá para eliminar o punto de sinistralidade principal que queda no municipio

 

Abegondo terá unha nova rotonda para mellorar a seguridade viaria na AC-542, estrada de Betanzos a Mesón do Vento que atravesa o municipio. Así o acordaron na mañá de hoxe o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na reunión celebrada no salón de plenos do Concello.

A glorieta situarase en Mabegondo, na intersección da mencionada AC-542 coa AC-221, estrada que leva ao encoro de Cecebre, a Pravio e a San Pedro de Nós. O Concello encargarase de obter os terreos, xa previstos para tal fin no Plan Xeral, e a Xunta asumirá a redacción do proxecto e a construción da infraestrutura.

Esta actuación eliminará o principal punto de sinistralidade que queda no municipio. O alcalde resaltou o “bo funcionamento” da rotonda construída o ano pasado no cruzamento da AC-542 co acceso da autovía e quere conseguir algo similar con este outro cruzamento.

Desde que temos esa rotonda hai pouquísimos accidentes aí”, sinalou Santiso, que destaca o elevado número de vehículos que usa a AC-221 como base para levar a cabo esta obra. A conselleira apoia a proposta como medida para incrementar a seguridade viaria en Mabegondo.

Vivendas sociais

Ademais, Santiso expúxolle a Vázquez a posibilidade de desenvolver unhas 20 vivendas públicas na zona reservada pola PXOM para esta finalidade, xunto ás 19 casas xa en funcionamento desta forma. É un número que daría resposta á necesidade actual en Abegondo. A conselleira sinalou ao formato de vivenda concertada como o que podería encaixar con esta idea.

Tamén en canto a materia de vivenda, a conselleira anunciou que o próximo 1 de abril celebrarase unha reunión cos veciños de 11 parroquias do municipio para presentarlles as axudas de rehabilitación de inmobles enmarcadas no programa “Vivendas do Camiño”, por acoller o paso do Camiño Inglés a Santiago.




RGporn.com - Download Porno HD