Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Ábrese o prazo de nova solicitude e reserva de praza na Escola Infantil Municipal Pasiños curso 2016/2017

O prazo está aberto do 1 ao 31 de marzo de 2016

 

Dende o día 1 ao 31 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de novo ingreso e reserva de praza na Escola Infantil Municipal Pasiños para o vindeiro curso 2016/2017.

Son requisitos para poder solicitar praza na Escola Infantil Municipal:

  • Que a/o nena/o estea nada/o no momento de presentación da solicitude.

  • Que teña a idade mínima de tres meses no momento de ingreso.

  • Non ter cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2016.

Os menores que xa estiveron escolarizados no curso 2015/2016 deberán presentar reserva de praza para o vindeiro curso 2016/2017.

As solicitudes xunto coa documentación requirida, presentarase no Departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas.

Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:

Documentación familiar

  • Fotocopia do DNI dos pais, acolledor/as ou titor/a legais

  • Libro de familia

  • Certificado de empadroamento de toda a unidade de convivencia

Documentación económica:

  • Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar. IRPF 2014

No caso de non estar obrigado á presentación do Imposto deberán solicitar na Delegación de Facenda a Certificación dos datos económicos existentes na Administración correspondentes ao exercicio 2014

  • 3 últimas nóminas e unha nómina de paga extraordinaria

  • Certificado de retencións e ingresos a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio 2015. (Certificado de empresa correpondente ao exercicio 2015)

Se é o caso:

  • Xustificante Pensións da Seguridade Social

  • Certificación do INEM (alta como demandante de emprego e prestación económica)

  • Certificado de minusvalidez dalgún membro da unidade familiar

  • Informe do organismo competente sobre o grao de minusvalidez e necesidade de integración

  • Informe de Servizos Sociais por situación especial da Unidade Familiar

  • Título de Familia numerosa

  • No caso de traballadores por conta propia (autónomos): Último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social

Para máis información poderedes poñervos en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello no teléfono 981 647 996 (Belén).


RGporn.com - Download Porno HD