Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo, Bergondo, Carral e Mesía conclúen o seu obradoiro de emprego e avanzan que optarán a un novo xunto con Oza-Cesuras

Os alcaldes e o director xeral de Orientación Laboral clausuraron a iniciativa centrada na atención á dependencia

 

Os Concellos de Abegondo, Bergondo, Carral e Mesía, xunto coa Xunta de Galicia, celebraron no mediodía de hoxe a clausura do obradoiro de emprego "Atención á dependencia no fogar e nas institucións" desenvolvido polo catro municipios de forma conxunta.

O acto estivo presidido polos alcaldes: José Antonio Santiso (Abegondo), Alejandra Pérez (Bergondo), José Luis Fernández Mouriño (Carral) e Mariano Iglesias (Mesía). E pola Xunta acudiu o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes. Os alumnos e profesores, así como os técnicos de emprego dos Concellos, acudiron ao acto.

Os alcaldes reafirmáronse no “exemplo de colaboración institucional” que supón sumar forzas de municipios con distinta cor política para desenvolver unha acción de emprego. Tanto é así que xa pensan nunha nova iniciativa conxunta.

Santiso foi o encargado de realizar o anuncio. Tratarase dun novo obradoiro dirixido nesta ocasión á formación da mocidade. E a este catro concellos sumarase o de Oza - Cesuras.

Sobre o taller que agora conclúe, Santiso destacou que é o segundo que se realiza en Abegondo sobre o ámbito sanitario e resaltou que o primeiro logrou o 100% de inserción laboral. “Hai que realizar estas accións en áreas con alto nivel de empregabilidade como é este caso para que sexan máis efectivas”, asegurou.

O taller tivo unha duración de seis meses e nel participaron 20 persoas en situación de desemprego, das que 18 foron mulleres. Recibiron formación teórico-práctica para obter os seguintes certificados de profesionalidade:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: cunha duración de 600 horas.

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: cunha duración de 450 horas.

As prácticas profesionais desenvolvéronse no marco dos servizos de axuda a domicilio dos catro concellos, así como nas entidades colaboradoras: Centro Pai Menni (Betanzos), Residencia asistida da terceira idade de Oleiros (A Coruña), Centro ASPACE e Centro de día municipal de Boimorto.

Pola súa banda, o director xeral resaltou que a iniciativa de emprego levada a cabo “coincide plenamente” co sector que quere promocionar a Xunta, facendo especial fincapé no emprego feminino.

 


RGporn.com - Download Porno HD