Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo declara unha trintena de asociacións de interese local

O pleno aprobou por unanimidade modificar a ordenanza fiscal de prezos públicos pola prestación de actividades deportivas e culturais co fin de mellorar a xestión e para poder ofertar máis actividades. O goberno local avanzou que está a traballar para que chegue a banda ancha aos centros de ensino públicos e aos edificios públicos.

 

 

A Corporación Municipal de Abegondo aprobou hoxe en sesión plenaria declarar a unha trintena de entidades sen ánimo de lucro de interese local. Cos votos a favor de PP, AXA e a abstención de SON, aprobouse a declaración destas asociacións como entidades de interese local, o que permitirá que poidan utilizar de forma regular as instalacións municipais e pedir subvencións a outras entidades tanto para gastos ordinarios como para desenvolver actividades concretas.

Ademais, o pleno aprobou por unanimidade modificar a ordenanza fiscal de prezos públicos pola prestación de actividades deportivas e culturais co fin de mellorar a xestión da mesma e para poder ofertar máis actividades. En canto ao inventario municipal actualizouse algunhas parcelas rústicas e outros bens que non figuraban no mesmo, aprobado xa en 2013. A proposta aprobouse por unanimidade. Na mesma sesión deuse conta da remisión da información orzamentaria ao Estado.

Doutra banda, SON presentou unha moción para combater a praga de avespas asiáticas que non foi acordada previamente co resto de grupos da oposición polo que tanto o goberno local como os concelleiros de AXA pedíronlle que non se votase para poder levar no próximo pleno unha declaración institucional consensuada con toda a corporación. Todos os edís destacaron que é necesario tomar medidas máis eficientes para loitar contra este insecto invasor, pero sinalaron que descoñecían os datos que reflectía a moción presentada polo portavoz de SON e acordaron que aprobarán un texto que sexa pactado por todos os grupos.

Así mesmo, o goberno local avanzou que está a traballar para que chegue a banda ancha aos centros de ensino públicos e aos edificios públicos. Mesmo engadiu que se irá instalando progresivamente nos locais veciñais axiña que como lles sexa posible, debido a que dependen en gran parte do servizo das operadoras.


RGporn.com - Download Porno HD