Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo moderniza a súa rede de iluminación pública con centros de mando e tecnoloxía LED para fomentar o aforro

Un dos proxectos realizouse en conxunto con Bergondo e Betanzos

O Concello de Abegondo acometeu diferentes actuacións de modernización da súa rede de iluminación pública. O obxectivo foi dobre: promover a eficiencia enerxética e conter o gasto en electricidade, un dos principais que teñen que soportar as administracións municipais.

Por unha banda, o Concello, coa colaboración da Deputación da Coruña, acometeu melloras no sistema de iluminación en espazos públicos das distintas parroquias. As actuacións leváronse a cabo en Abegondo, Folgoso, Figueroa, Montouto, Sarandós (en Bordel), Limiñón, Orto (en Seixurra), Mabegondo (cara a Borreiros), Crendes (cara a Macenda), Cullergondo, Vilacoba e en Vizoño (preto da igrexa e en Borducedo Grande).

Os traballos consistiron na substitución de cables en mal estado, unificando puntos de luz e cambiando as lámpadas de mercurio e vapor de sodio por outras de baixo consumo. Foi un investimento de 15.000 euros.

E en segundo lugar, en conxunto cos concellos de Bergondo e Betanzos, obtívose unha axuda do INEGA (Instituto enerxético de Galicia) para realizar un proxecto de cambio de luminarias convencionais por tecnoloxía LED, instalación de equipos de redución de fluxo e centros de mando.

O importe total foi de 161.664,47 euros. Os traballos realizáronse en Mabegondo, desde a rotonda de San Tirso até Beldoña, con novas luminarias, e en Limiñón en Souto co cambio do centro de mando con reloxo astronómico e dotación de LEDs.




RGporn.com - Download Porno HD