Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo probará desde abril un novo sistema de separación e recollida de lixo entre 138 veciños de 9 núcleos

Baséase na recolleita porta a porta, cun colector individual en cada casa e un compostador. Santiso exporao ao Consorcio se os resultados son satisfactorios

 

O interese do Concello de Abegondo por innovar no servizo de recollida e tratamento de lixo traducirase este ano nun plan piloto para experimentar cun novo sistema que mellore os resultados actuais. Consciente dos problemas do actual método de tratamento en Nostián e dos grandes custos da recollida, o Concello desenvolveu durante os últimos dous anos un proxecto con varios municipios europeos para desenvolver novas estratexias. Agora, e coa colaboración do concello sueco de Mölndal, Abegondo probará unha importante variante.

O plan piloto desenvolverase entre abril de 2016 e xuño de 2017 (quince meses). A zona onde se probará será en nove núcleos da parroquia de Vizoño: A Malata, Ribela, Balbís, Vilar, Pozo, Ferrás, Pociñas, Vorducedo Grande e Vorducedo Pequeno.

Contan con 134 veciños en 28 vivendas e 19 segundas residencias. Hai ademais 19 explotacións e un local social. Para dar servizo a esta zona ata agora disponse de 11 puntos de colectores e dúas rutas de recollida.

O novo sistema basearase nunha nova forma de separación do lixo e de recollida desta. En primeiro lugar, cada fogar recibirá un colector individual e opcionalmente un compostador doméstico. Os colectores individuais serán achegados polo municipio sueco e terán capacidade de 370 ou de 240 litros, segundo o número de habitantes do inmoble.

Cada colector terá seccións para separar a fracción inorgánica da orgánica. A orgánica será depositada en bolsas de papel autoselable que irán dentro dunha cesta. Desta forma propiciarase a ventilación e evitaranse lixiviados, paliando un dos grandes problemas actuais: o uso de bolsas non compostables para a provisión de residuos orgánicos dificultando o proceso de biometanización.

En segundo lugar, a recollida será porta a porta, técnica moi empregada en Europa. Nos días marcados para a recollida, os particulares sacarán o seu colector individual para a ruta do camión biocompartimentado. A véspera, o veciño recibirá unha mensaxe de aviso.

Esta recolleita porta a porta obtén onde se leva a cabo uns niveis de participación moi elevados e niveis de reciclaxe dos residuos sólidos moi altos. Ademais, ao retirar os colectores da vía pública lógrase unha mellora na limpeza, aínda que a idea é promover a instalación de máis puntos de recollida selectiva.

E en terceiro lugar, a compostaxe permitirá o uso da fracción orgánica para xardíns e hortos.

Outra das vantaxes do sistema será que permitirá reducir as rutas de recollida, dado o aproveitamento da fracción orgánica, o tamaño dos colectores e o aumento da reciclaxe.

O alcalde de Abegondo sinala que os resultados que se obteñan co plan piloto determinarán a súa viabilidade futura. De ser así, avanza, trasladarase ao Consorcio As Mariñas, entidade que asume o servizo do nove municipios da comarca, para analizar a súa implantación.

O rexedor asegura que o obxectivo é “optimizar o modelo actual” con medidas que se adecúan ás características particulares da área. “Hai que promover a recollida selectiva, reducir os impropios de cada fracción e tratar de diminuír os custos”, explica. Santiso agradece a implicación da cidade de Mölndal, de 63.000 habitantes, para impulsar esta experiencia piloto.






RGporn.com - Download Porno HD