Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba en pleno un orzamento de 4,2 millóns para 2016, cun crecemento dun 7,12% e maior investimento que gasto de persoal

As partidas de asistencia social supoñen o 10,88% do orzamento. Tamén se aprobou a modificación da RPT e o alcalde anunciou a creación de catro prazas no plan de regularizar o persoal laboral temporal

O Concello de Abegondo celebrou no mediodía de hoxe un pleno extraordinario para debater a proposta de orzamentos para 2016 elevada polo goberno municipal. O documento foi aprobado cos votos favorables do goberno local, a abstención de AxA e o voto en contra do edil de SON.

Os orzamentos de Abegondo medran un importante valor: un 7,12% con respecto aos de 2015. Preséntanse en superávit, de 87.861,50 euros, debido á liquidación económica de 2014, cumprindo a Lei de facenda local.

Os fondos dedicados a investimentos supoñen unha gran porcentaxe do orzamento: un 28,52%, é dicir 1.197.083,76 euros, superior ao capítulo de persoal. O Concello alcanza este montante sen ter que recorrer a operacións bancarias, mantendo a débeda cero xa conseguida.

Entre os investimentos programados destacadas atópase a restauración da casa reitoral de San Tirso de Mabegondo, cedida pola Igrexa e onde se situará a sede da Reserva de Biosfera, o acondicionamento da nave municipal, ou un amplo plan de reparación de camiños, que é a “principal demanda que nos expoñen os veciños”, desvelou o alcalde.

O rexedor destacou no pleno o “gran esforzo” dedicado ao campo de asistencia social, que supón un 10,88% do total. Servirá para facer fronte aos servizos de atención á dependencia, actividades de maiores, igualdade ou programas para persoas con discapacidade.

Pola súa banda, SON realizou varias preguntas sobre o orzamento que a interventora foi resolvendo. Reclamou maior participación na súa elaboración. E AxA cuestionou o gasto publicitario e as diferenzas salariais entre algúns traballadores municipais.

Modificación RPT

O outro punto principal debatido no pleno foi a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. O punto serviu para realizar axustes nos postos de auxiliar administrativo, pasando un deles a auxiliar de información e outro a administrativo normalizador lingüístico, e para incluír un posto de operario que por erro non aparecía.

O Concello de Abegondo ten o compromiso cos traballadores de ir regularizando pouco a pouco o persoal laboral temporal. Santiso avanzou que este ano se crearán as prazas de arquitecto (media xornada), arquitecto técnico, operario e técnico de servizos sociais.

A modificación na RPT foi aprobada cos votos a favor do goberno local e as abstencións da oposición.




RGporn.com - Download Porno HD