Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo acorda coa ANPA, o CEIP e o IES un completo plan de conciliación

O alcalde asinou os convenios hoxe cos representantes

 

O Concello de Abegondo concédelles o financiamento ás asociacións de nais e pais do colexio e do instituto para facilitar a conciliación da vida familiar. Os representantes da ANPA, CEIP e IES, asinaron os convenios de colaboración co Concello para o presente curso escolar.

Os convenios propiciarán que os escolares do colexio e do instituto gocen de diferentes programas en pos da conciliación da vida familiar e laboral das familias. No caso do CEIP, o alumnado contará cun amplo servizo de atención e actividades nas horas previas e posteriores ao desenvolvemento da actividade lectiva.

Á primeira hora comezará o servizo de coidado de mañá. O Concello sufraga o custo das coidadoras que proporcionan o servizo. Os pequenos ademais poden almorzar no centro. Ao mediodía, o colexio ofrece o servizo de comedor. O servizo de coidado dos pequenos neste tramo é ofrecido pola ANPA de forma voluntaria. O Concello, consciente deste esforzo, apoia a asociación en concepto de indemnización.

Na aula lúdica realízanse as actividades tras as clases. E ao mediodía desenvólvese un servizo de actividades. Con esta opción, o goberno local pretende que parte das escolas deportivas e culturais municipais se ofrezan en horario de mediodía para os alumnos do CEIP. Este programa, sufragado tamén polo Concello, inclúe a custodia dos nenos por parte dos monitores e a oferta de diferentes modalidades de actividades.

En canto ao IES, o programa de apoio á conciliación da vida familiar e laboral inclúe que os alumnos dispoñan ao mediodía de atención e de actividades que lles faciliten aos pais a conciliación. O servizo de coidadores é proporcionado por voluntarios procedentes da ANPA. O goberno local sufraga a súa indemnización mensual.

O alcalde, José Antonio Santiso, presidiu a sinatura dos convenios xunto co concelleiro de Educación, Luis Freire. O primeiro edil móstrase convencido de “contribuír ao máximo” na conciliación e apoiar o traballo da ANPA.


RGporn.com - Download Porno HD