Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo, Sanidade e Augas de Galicia suman forzas para a protección das captacións de auga

Expertos e técnicos debateron hoxe nas terceiras xornadas da auga, enmarcadas no proxecto europeo que lidera o Concello

 

O Concello de Abegondo volveu converterse hoxe no epicentro do debate sobre como incrementar a calidade da auga que bebemos. Neste caso, dentro do proxecto europeo Life Rural Supplies, o Concello reuniu expertos e técnicos na materia para analizar as medidas de protección ás captacións de auga.

A xornada buscou instrumentos, tanto a nivel técnico como legal, para a protección das traídas. E tamén dedicou boa parte da duración do encontro a desenvolver propostas de boas prácticas na xestión de xurros, un dos puntos crave no medio rural.

Á xornada asistiron técnicos do Concello, Augas de Galicia, Consellería de Sanidade, Consellería de Medio Rural, Consellería de Medio Ambiente, Universidade da Coruña, cooperativas, e usuarios de traídas veciñais.

O alcalde estivo acompañado na inauguración de Roberto Arias, subdirector xeral de Augas de Galicia, e de Ángel Gómez, subdirector xeral de Sanidade. O rexedor subliñou que Abegondo foi “pioneiro” en introducir no Plan Xeral unha protección para os mananciais e apostou por “seguir innovando” en planificar actuacións que garantan a calidade da auga das traídas.

Pola súa banda, Arias destacou que “non coñece outro Concello tan preocupado pola auga como Abegondo”.

O Rural Supplies é un proxecto de Abegondo, Augas de Galicia e Sanidade para, coa participación dos usuarios das traídas veciñais, analizar os problemas de cada un e desenvolver estratexias para solucionalos.






RGporn.com - Download Porno HD