Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo creará un departamento municipal de apoio á mocidade asociado á reserva de biosfera

O Concello participa nun programa europeo contra o paro xuvenil en unión con municipios de Alemaña, Bélxica, Lituania, Grecia, Holanda, Italia e Reino Unido. O alcalde e o concelleiro de Educación traballan desde onte en Lituania cos seus homólogos dos outros concellos

 

O Concello de Abegondo participa desde esta semana nun novo programa, apoiado pola Unión Europa. Trátase dun proxecto contra o desemprego xuvenil, que presentou Abegondo xunto con 8 municipios de Alemaña, Bélxica, Lituania, Grecia e Reino Unido.

Desde onte, o alcalde, José Antonio Santiso, e o concelleiro de Educación, Luís Freire, participan na primeira reunión, que ten lugar na cidade lituana de Kaunas. O obxectivo da iniciativa consiste en levar a cabo medidas, dirixidas aos mozos de cada un dos municipios participantes, para promover a súa inserción laboral.

Os primeiros encontros destas xornadas xa confirmaron a idea que o rexedor tiña: é necesario impulsar accións específicas para favorecer o acceso ao mercado laboral dos mozos. E o alcalde anuncia a decisión de crear un departamento municipal de apoio á mocidade.

Será unha atención á xente nova desde o Concello de Abegondo. Ofreceráselle apoio para emprender, orientación laboral e asesoramento para a súa entrada no mercado laboral.

Pero non será un departamento ao uso, como poida funcionar noutros sitios. O Concello buscará o oco aos mozos que tamén ofrece a reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas. O departamento buscará posibilidades, tanto a nivel de autoemprego como formativas, para aproveitar as oportunidades do territorio, e que cada vez máis veciños tratan de aproveitar.

“Temos potencial de produción pero tamén hai espazo para o sector servizos ou o turístico na reserva”, apunta Santiso, convencido de que a reserva “acaba de nacer e traballando ten que abrir tamén vías de emprego para os mozos”.

Ademais, o proxecto europeo apostará polo traballo en rede dos mozos e técnicos municipais das poboacións participantes para desenvolver estratexias, aproveitando o intercambio de experiencias.

Tras Lituania, o programa incluirá intercambios en varios dos municipios. En Abegondo será en abril do ano próximo. Os municipios que integran o programa son:

- Hasselt (Bélxica)

- Saint Omer (Francia)

- Detmold (Alemaña)

- Dimos Oraiokastro (Grecia)

- Reggio Emilia (Italia)

- Kaunas (Lituania)

- Schiedam (Holanda)

- Sandwich Town (Reino Unido)

 

 


RGporn.com - Download Porno HD