Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Santiso proponlle a Rey Varela que a Xunta aumente a súa achega á escola infantil municipal

O alcalde e o conselleiro de Política Social mantiveron un encontro na mañá de hoxe en San Caetano

 

O Concello de Abegondo busca a implicación da Xunta de Galicia para o financiamento da escola infantil municipal. O alcalde, José Antonio Santiso, acompañado do concelleiro Gustavo Quindimil, desprazouse na mañá de hoxe a San Caetano para celebrar unha reunión co novo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela.

O rexedor trasladoulle ao titular autonómico o gran esforzo económico que teñen que facer os concellos con escola infantil de carácter municipal para mantela en conxunción coas taxas dos usuarios. No caso de Abegondo, o Concello achega 67.000 euros anuais fronte aos 10.000 que concede a Xunta, sendo o pago dos usuarios o ingreso principal.

O conselleiro anuncioulle ao alcalde que Política Social analizará como incrementar o seu financiamento para evitar que Abegondo, e outros municipios en situación similar, teñan que soportar o gasto público principal.

Santiso agradeceulle a Rey “a súa vontade para a colaboración entre administracións”. O rexedor defende que Abegondo faga este esforzo económico para ofrecer un servizo de conciliación de calidade como a escola infantil, situada en San Tirso, pero considera apropiado que a Xunta poida ampliar a súa achega.


RGporn.com - Download Porno HD