Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo e a Xunta renovan a pista deportiva do IES, unha necesidade trasladada polo centro e os pais

O pavillón terá, antes do inicio das clases, novo firme específico para a práctica deportiva

O Concello de Abegondo e a Consellería de Educación están a dar resposta a unha das principais demandas nas infraestruturas educativas do municipio. Trátase da renovación da pista polideportiva do Instituto de Viós, unha petición dos pais de alumnos e da propia comunidade educativa.

O firme da pista, creada coa apertura do instituto, presentaba un claro estado de deterioración polo uso continuado ao longo destes anos. O espazo serve para docencia e a práctica deportiva dos alumnos e por iso o Concello apostou por liquidar esta situación.

O alcalde trasladoulle á Consellería de Educación a necesidade de acometer unha reforma no polideportivo. O pasado mes de maio, a Xunta confirmou a súa implicación na actuación e estase levando a cabo agora para non interferir na actividade lectiva.

A actuación consiste na dotación dun novo firme ao pavillón, de cemento puído específico para a práctica deportiva. Tamén se pintará conforme aos distintos xogos que se practican.

Santiso visitou a obra, acompañado do edil de Educación, Luis Freire, e do concelleiro de Mantemento de Servizos Públicos, José María Caamaño, e comprobou que se poderán finalizar nos próximos días, antes do inicio das clases.

O alcalde destacou que os traballos pedidos polos pais eran “moi necesarios” e permitirán “incrementar as prestacións” do espazo deportivo. Santiso agradeceu a resposta afirmativa da Xunta, que asume a maior parte do financiamento, completada polo Concello. “Sempre que se expoñan melloras educativas, este goberno municipal estará disposto a acometelas”, apunta.

 

 

 

 


RGporn.com - Download Porno HD