Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo concede axudas a 354 veciños para o acceso a todas as etapas educativas

O investimento, de 40.000 euros, beneficia desde alumnos de Infantil ata un premio fin de carreira

O Concello de Abegondo acaba de resolver a súa convocatoria de axudas educativas. Beneficiarán este ano un total de 354 veciños, que recibirán unha subvención económica municipal para apoialos no seu proceso educativo.

O goberno local quere con esta medida promover o acceso aos estudos das veciñas e os veciños de todas as idades. Por iso as axudas van desde educación infantil e primaria a secundaria, ensinos medios e especiais, a Universidade e a aula Mentor.

O Concello inviste nestas medidas un total de 39.601,60 euros. Por etapas educativas, o Concello axuda a 64 escolares de infantil, 144 de primaria, 61 de ESO, 44 de ensinos medios e especiais, 39 de ensinos universitarios, un premio final de carreira, e un acceso á Aula Mentor.

O alcalde de Abegondo subliña a “prioridade” que constitúe para o equipo de goberno a educación universal e por iso “sempre destinaremos recursos económicos a apoiar no acceso a calquera ensino”.

A este plan de axudas súmaselle o banco de libros que tamén impulsa o Concello de Abegondo, ou o programa de actividades complementarias ás aulas para promover a conciliación.


RGporn.com - Download Porno HD