Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo, Bergondo, Carral e Mesía buscarán o 100% de inserción laboral no obradoiro de emprego que inician hoxe

A conselleira de Traballo e o catro alcaldes inauguraron hoxe a iniciativa en Abegondo, que formará a 20 persoas en atención á dependencia

Os concellos de Abegondo, Bergondo, Carral e Mesía, co financiamento da Xunta de Galicia, unen forzas para desenvolver o obradoiro de emprego sobre atención á dependencia no fogar e nas institucións. O catro alcaldes (José Antonio Santiso, de Abegondo; Alejandra Pérez, de Bergondo; José Luis Fernández Mouriño, de Carral; e Mariano Iglesias, de Mesía) e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, inauguraron hoxe en Abegondo a iniciativa, nun acto que estiveron presentes os 20 alumnos e os 6 formadores.

O alcalde de Abegondo apuntou ao 100% de inserción laboral dos participantes como meta. Para iso referiuse ao anterior obradoiro realizado polo Concello sobre materia sociosanitaria, que logrou a día de hoxe a inserción laboral plena.

"Estas experiencias de formación son fundamentais, pero aínda son máis importantes ao conseguir que todos vos alumnos estean agora traballando", afirmou. Esta é unha taxa de inserción superior á media, admitiu Mato, que está nun 70% para os obradoiros neste ámbito e nun 40% en xeral".

Acertastes na vosa elección", dixo a conselleira aos alumnos, resaltando a adquisición de competencias e experiencia que asegura a iniciativa.

Os 20 alumnos, cinco de cada concello, formaranse tanto con sesións teóricas como con prácticas laborais, desde hoxe até o 29 de febreiro do ano que vén. As prácticas levarán a cabo a metade en Pai Menni, que desenvolve o seu labor no fogar, e a outra metade en Aspace e nos centros de maiores de Oleiros e Boimorto, institucións de referencia.

O orzamento da iniciativa é de 190.872 euros, dos que 178.157 euros proceden da Xunta e o restante dos Concellos.

Os catro alcaldes móstranse convencidos da idoneidade de elixir o ámbito da dependencia dada a clara necesidade laboral actual. A conselleira felicitounos polo seu "exemplo de colaboración" nun tema tan importante como o emprego.


RGporn.com - Download Porno HD