Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo celebra o domingo o I Memorial Eduardo Zapata “Sito”, en recordo do concelleiro falecido en febreiro, gran impulsor da festa dos cabalos

O campo da feira acollerá exhibicións e concursos con decenas de cabalos, eguas e ponis

Abegondo vivirá este domingo, 9 de agosto, unha celebración moi especial. A festa cabalar que organiza o Concello anualmente converterase no I Memorial Eduardo Zapata "Sito", concelleiro falecido o pasado mes de febreiro e que foi un dos máximos impulsores deste evento, ao ser un grande afeccionado ao mundo do cabalo.

Decenas de cabalos, eguas e ponis poderanse ver no Campo da Feira de San Marcos desde as 11.30 horas. A esa hora comezará a xincana e o concurso de barrís, ao que seguirá ás 13.00 horas o de carruaxes. En ambos os dous concursos haberá trofeos para os mellores clasificados, no primeiro caso, e conmemorativos no segundo.

Despois da comida, na que non faltará a polbeira, chega a quenda da doma. Ás 16.30 horas terá lugar a exhibición, que precederá o concurso.

O Concello espera a afluencia de centos de veciños de Abegondo e da comarca, atraídos polos fantásticos cabalos que se poderán ver en San Marcos e pola xornada familiar que se propicia.


RGporn.com - Download Porno HD