Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A reserva de biosfera buscará unha nova fórmula xurídica para lograr novas fontes de financiamento

O Consello de Dirección reuniuse hoxe cos novos alcaldes Santiso garante que o cambio manterá a participación na reserva da sociedade civil

O Consello de Dirección da reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo reuniuse co obxecto de avaliar as accións realizadas e aprobar as futuras da entidade. A reunión tivo lugar no centro social O Salón de Mabegondo e contou coa asistencia de representantes dos 17 municipios da reserva así como doutras administracións que conforman o Consello (Xunta de Galicia, Costas, Deputación da Coruña...) e de asociacións de diferente tipoloxía.

O encontro estivo presidido por José Antonio Santiso, presidente da reserva, e César Longo, vicepresidente. O xestor da reserva, Jorge Branco, presentou os resultados.

O Consello aprobou o plan de actuacións para o novo curso. Serán catro as liñas principais nas que se centrará. Un dos puntos clave será a procura de novas fontes de financiamento que permita levar a cabo o ambicioso plan de xestión. E neste sentido a reserva tentará variar a fórmula do seu órgano de xestión para buscar apoio de fondos públicos.

Neste sentido, unha das posibilidades que se estudará é converterse nunha fundación. Pero Santiso ten claro que en ningún caso este cambio debe supor modificacións na participación social da reserva. "Teñamos a forma xurídica que teñamos imos manter a implicación tanto das administracións como sociedade civil", afirma.

O presidente lembra que unha das claves do éxito da reserva foi que naceu "de abaixo para arriba e non imposta" e iso non vai variar.

Outra das liñas de actuación será o emprego verde. A reserva promoverá novos plans de emprego que ofrezan posibilidades de emprendemento e inserción laboral aproveitando as virtudes endóxenas do territorio.

A terceira liña será a mellora ambiental da reserva. Unha das accións xa decidido será un plan de eliminación de especies invasoras, que comezará polo denominado plumacho.

E finalmente a cuarta liña será o plan alimentario, coa creación da marca de calidade, para promover as bondades dos produtos da terra.

A reunión do Consello serviu tamén para presentar os novos membros como alcaldes recentemente electos.

Así mesmo aprobouse a composición do Comité Científico, que se reunirá por primeira vez o día 24 de xullo no Pazo de Lóngora.


RGporn.com - Download Porno HD