Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo aproba sen votos en contra as dedicacións e cambia os plenos aos xoves

O alcalde propúxolle ao concelleiro de SON que representase ao Concello no Fondo Galego de Solidariedade

Abegondo, 9 de xullo de 2015.  O Concello de Abegondo celebrou no mediodía de hoxe o seu pleno de organización en boa sintonía entre goberno e oposición. De feito, o alcalde, José Antonio Santiso, aceptou algunha das suxestións manifestadas polos grupos.


O equipo de goberno propuxo continuar cunha soa dedicación, de carácter exclusivo: a do alcalde, que percibirá 44.450 euros brutos. Abegondo será o municipio da área metropolitana da Coruña con menos gasto en retribucións dos concelleiros. Foi aprobado sen ningún voto en contra, coas abstencións de AxA e SON, e os votos a favor do goberno local.


A nivel organizativo, un dos principais cambios verase na data dos plenos. Deixarán os mércores e pasarán a ser os terceiros xoves dos meses impares.


No punto sobre os representantes do Concello de Abegondo noutras institucións, o portavoz de SON preguntou se outros grupos podían participar. Santiso non dubidou en recoller a luva, e como non poden admitirse a dous representantes nos órganos para que a oposición tivese tamén participación, propúxolle ao edil que representase ao Concello no Fondo Galego de Solidariedade. Poderíase cambiar noutro pleno.


Polo demais, aprobouse a composición das comisións e manter un posto de persoal eventual.


O rexedor deu conta ademais da estrutura do novo goberno.


Santiso, asumirá a coordinación xeral do goberno local. Ademais, dirixirá directamente a área de Deportes, onde ademais das programacións e accións de apoio ao deporte local, englobarase o servizo municipal de coaching. Consistirá nun servizo de adestramento personalizado para cada veciño que desexe participar no programa. 


A primeira tenente de alcalde será Laura Calvo, que coordinará a área Sociosanitaria. O segundo tenente de alcalde será Alberto Seoane. Dirixirá a área de Transparencia, Infraestruturas e Urbanismo. O apartado de Transparencia entra con nome propio para impulsar o desenvolvemento do portal de transparencia e garantir o acceso do cidadán á información municipal.


Gustavo Qundimil, terceiro tenente de alcalde, asumirá a área de Desenvolvemento Sostible. Francisca Bestilleiro, cuarta tenente de alcalde, estará á fronte da área de Participación Veciñal, Desenvolvemento Ecoagrario, Formación e Emprego, e Seguridade Cidadá. 


Completarán o goberno Marcos Zapata, que se estrea no goberno asumindo a área de Mantemento Enerxético, Industria, Feiras e Xuventude; José María Caamaño, á fronte de Mantemento de Servizos Públicos; e Luis Freire, que tamén debuta no Concello dirixindo Educación e Cultura.


O alcalde asegura que se confeccionou unha organización “medida e moi pensada” para potenciar todas as áreas que máis esforzo necesitan. Santiso anima aos veciños con calquera necesidade a contactar co goberno local porque “sempre nos atoparán dispostos a escoitar”.


RGporn.com - Download Porno HD