Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Os alcaldes elixiron por unanimidade ao alcalde de Abegondo como Presidente do Consorcio

Alejandra Pérez seguirá tamén como vicepresidenta. Santiso xa pediu unha reunión co alcalde da Coruña para abordar a futuro da área metropolitana

19 de xuño de 2015.- O pleno do Consorcio As Mariñas reuniuse en sesión extraordinaria para a toma de posesión dos seus membros e a elección de cargos, unha vez celebradas as eleccións municipais do pasado 24 de maio. Á sesión acudiron os alcaldes de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Oleiros e Sada, e o concelleiro José Ramón Rioboo, como representante de Culleredo.

Os alcaldes, por consenso e unanimidade, elixiron a José Antonio Santiso, rexedor de Abegondo como presidente do Consorcio As Mariñas, que continuará tras estes 4 anos nos que xa exerceu como presidente. Como vicepresidenta seguirá tamén Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo.

Santiso agradeceu a confianza depositada polos seus compañeiros alcaldes para representalos desde o Consorcio. “É unha honra para min presidir esta institución co apoio de alcaldes de diferentes partidos políticos”, afirmou.

O presidente nomeou tres prioridades inmediatas para o Consorcio neste novo mandato. En primeiro lugar, finalizar a proposta de estatutos da nova mancomunidade, en colaboración coa Deputación, a Xunta e os habilitados nacionais. Unha vez que se dispoñan convocarase a asemblea constituínte dun órgano que continuará as funcións do actual Consorcio.

Neste mesmo sentido, os alcaldes pedíronlle hoxe a Sada que canto antes trate de aprobar en pleno a súa incorporación á mancomunidade. A intención é que poida nacer xa coa incorporación de Sada efectuada.

E finalmente, outro obxectivo será o cambio de sede, da actual ao antigo LIGAL, sito a poucos metros. O Consorcio contactará coa Xunta para formalizar xa a cesión e así poder tramitar o proxecto de remodelación do inmoble.

Santiso explicou tamén que xa desde a mancomunidade acaba de pedir unha reunión co novo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro. Como é normal, o presidente iniciará así as relacións co novo goberno coruñés de cara a coñecer as súas ideas para o futuro da área metropolitana.


RGporn.com - Download Porno HD