Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo esíxelle a Telefónica unha solución para os veciños que levan desde abril sen liña

O Concello tramita ante Consumo unha vintena de reclamacións

Abegondo, 10 de xuño de 2015. O Concello de Abegondo reclámalle a Telefónica que adopte as actuacións necesarias "de forma urxente" para restablecer o servizo en zonas do municipio que carecen de liña desde o mes de abril. Isto estalles a ocasionar innumerables molestias aos veciños, que ademais non reciben información ningunha que esclareza a avaría.

En concreto, son dúas as zonas máis afectadas por estes problemas: Meangos, case na súa totalidade, e varios núcleos de Orto, estes últimos desde o mes de maio.

O Concello, a través da súa Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) está a tramitar as reclamacións dos particulares ante Consumo. Son máis de 20 os residentes que se puxeron en contacto co departamento para canalizar as súas reclamacións.

O alcalde, José Antonio Santiso, anima os veciños afectados a dirixirse ao Concello para recibir todo o apoio e sumar a súa reclamación tentando facer forza ante a compañía de teléfonos. O rexedor espera que a empresa “tome medidas inmediatas” para evitar máis prexuízos aos veciños.

En abril tamén sufriron cortes os veciños de Cullergondo, pero liquidáronse nese mesmo mes.

Segundo puido saber o Concello, esta situación xerou dificultades a veciños maiores para pedirlle cita ao médico. Ademais, tamén afecta o servizo de internet.


RGporn.com - Download Porno HD