Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo lanza un programa diario de actividades culturais e deportivas para propiciar a conciliación no verán

Os veciños poderán comezar a inscribirse desde o luns primeiro de xuño Os monitores falarán integramente en inglés en parte do tempo de atención aos nenos

Abegondo, 29 de maio de 2015.  O Concello de Abegondo mantén todo o ano un amplísimo programa de actividades fóra das horas lectivas para propiciar a conciliación, en colaboración coa ANPA do colexio e do instituto. E co obxectivo de proporcionar un servizo similar no verán, o Concello lanzou o seu programa de actividades culturais e deportivas, que inclúe unha atención diaria aos nenos desde as 8.30 a 14.30 horas.

Este servizo leva a cabo en concreto na Aula Lúdica. Os pais xa poden coñecer o horario tipo do programa: xogos dirixidos, talleres de debuxo, manualidades, informática, xogos na natureza ou teatro son algunhas das variedades.

Para fomentar o uso do inglés, os monitores falarán unha parte do tempo integramente en inglés. Time to play? chamarase esa iniciativa.

Para ofrecer as maiores facilidades, o Concello permite apuntarse á Aula Lúdica todo o verán, mensualmente ou mesmo, supeditado ao aforamento, por horas.

E no ámbito deportivo, os veciños poderán optar a natación, ciclismo ou kaiak. A piscina abrirá do 20 de xuño ao 6 de setembro, con acceso gratuíto para os menores de 3 anos e os alumnos dos cursos de natación. Ademais, os adultos poden acceder á sauna e spa.

Así mesmo, o ximnasio abrirá de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas e de 16.30 a 22.00 horas.

O prazo para apuntarse ábrese este luns 1 de xuño. É necesario cubrir o impreso oficial, dispoñible na web municipal, e entregalo presencialmente, por correo electrónico aos departamentos de cultura ou deportes, ou mediante a sede electrónica.

Descargas


RGporn.com - Download Porno HD