Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A UE concede a Abegondo un programa contra o paro xuvenil en unión con municipios de Alemaña, Bélxica, Lituania, Grecia e Reino Unido

A iniciativa impulsará medidas para promover a inserción laboral dos mozos de Abegondo O Concello aposta por fomentar xa nestas idades o autoemprego sustentable

Abegondo, 23 de maio de 2015.-  A Unión Europa confirmou onte un novo programa europeo para o Concello de Abegondo. Neste caso trátase da aprobación dun proxecto contra o desemprego xuvenil, que presentou Abegondo xunto con 7 municipios de Alemaña, Bélxica, Lituania, Grecia e Reino Unido.


O obxectivo da iniciativa consistirá en levar a cabo medidas, dirixidas aos mozos de cada un dos municipios participantes, para promover a súa inserción laboral. O traballo en rede dos mozos e técnicos municipais das poboacións participantes será decisivo para desenvolver as estratexias, aproveitando o intercambio de experiencias.


Así, o programa, que comezará en setembro na cidade lituana de Kaunas, incluirá intercambios en varios dos municipios. En Abegondo será en abril do ano próximo.


O proxecto impulsará medidas concretas para loitar contra o desemprego, que se definirán no transcurso do propio programa. O goberno local apunta no caso concreto de Abegondo ao autoemprego sustentable, aproveitando o potencial agrario que promociona a reserva de biosfera, como posible experiencia piloto.


O Concello anuncia ademais que se incorporará á Eurotowns Organisation, impulsando o irmanamento con outras poboacións da Comunidade europea. En particular, o Concello ten especial interese en que os mozos entren en contacto con outras realidades e mercados de traballo.


Este programa facilitará o intercambio de experiencias e boas prácticas na loita contra o paro entre a mocidade, así como a participación activa dos mozos e mozas en medidas efectivas e con resultados visibles.


RGporn.com - Download Porno HD