Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo en Familia

Xornada festiva para compartir con toda a familia

Data: 7 de xuño de 2015

Lugar: Área recreativa de Beche

Hora de comezo: 13.00 h. 

Abegondo en Familia é unha xornada para recuperar as tradicionais romarías populares cun formato entretido e na que dar cabida ao desfrute de grandes e pequenas/os.

Participa e sen dúbida desfrutarás dun día cheo de xogos e actividades para todos.

Acude ao punto de información:

  • As/os nenas/os poderán recoller o seu agasallo presentando os vales entregados no concello.
  • Para recibir información sobre calquera dúbida.
  • Para completar a inscrición nos distintos obradoiros, no campionato de tute, nas competicións en familia e  nas actividades acuáticas a partir das 14.30 h.

Comida Popular

Haberá unha carpa na que poderedes xantar, tanto para os que traian da casa a comida como para os que a compren nos distintos postos situados no recinto.

Reserva de mesa: antes do 27 de maio nas oficinas da Casa do Concello ou ben chamando ao teléfono 981 647 909.

Programa

13.00 h.- Recepción das familias. Entrada na carpa para a comida popular. Pasarrúas a  cargo do Grupo de Gaitas do Concello de Abegondo.

13.30 h.- Xantar. As persoas poderán traer a comida e bebida da casa ou ben comprala nos postos habituais: pulpeira, panadería, "bochinche".

  • Ración de polbo, pan e viño (8 €).
  • "Bochinche": bebidas e café.

15.30 h.- Competicións en familia: torneo de tute, xogos en familia, etc.

Actividades lúdicas:

  • Inchables.
  • Obradoiros: maquillaxe, reciclaxe e moitos outros xogos.

Haberá agasallos para as/os nenas/os que recollan o seu vale no concello. Poderase recoller o vale ata o día 27 de maio.

15.30 - 19.30 h.- Actividades acuáticas.

  • Actividades para maiores de 8 anos, é necesario saber nadar.
  • Tempo máximo de uso: 20 minutos.
  • Límite máximo de persoas por kayak: 2 adultos e un neno.

Os participantes deberanse inscribirse con carácter previo no punto de información, a partir das 14.30 h.

17.00 - 20.30 h.- "Verbena en familia", coa colaboración de Carlos Manteiga, Xilo e actuacións sorpresa.

Sorteo dunha "estancia en familia". As familias de Abegondo recibirán unha rifa (unha por familia) para participar no sorteo que terá lugar ese mesmo día. As familias deberán depositar o seu resgardo para participar no sorteo no Punto de Información

Descargas


RGporn.com - Download Porno HD