Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

2º Taller de poda nas árbores froiteiras 2015

Dado que no primeiro taller de poda están tódalas prazas cubertas ábrese o prazo para o segundo taller de poda.

 

Quen organiza o taller?

A Concelleria de Educación e Medio Ambiente do Concello de Abegondo.

Onde?

O taller desenvolverase nas instalacións da Aula da Natureza de Abegondo, situada na parroquia de Crendes (Concello de Abegondo). Enderezo: Vilar núm. 86 (preto da Igrexa de Crendes).

Cando?

Formación teórica: martes 24, mércores 25 e xoves 26 de febreiro de 2015.

Formación práctica: sábado 28 de febreiro (por condicións climatolóxicas pasaríase ao domingo 1 de marzo).

Horarios: martes, mércores e xoves de 19:00 a 21:15 h. Sábado ou domingo de 11:00 a 13:15 h.

Canto custa?

25 euros por persoa.

Quen imparte a formación?

Francisco Otero (Enxeñeiro Agronomo).

Cales son os contidos?:

- a poda de Formación

- a poda en verde

- a Importancia da poda na cantidade e no tamaño da froita

- a poda do Kiwi

- a Importancia dos patróns das nosas árbores para logo ter árbores de tamaño mediano (5-6 metros).

Como podo acadar unha praza para participar no taller de poda?

1.- Chamando ao teléfono 686 35 28 66 (atenderá Mª Carmen) nos seguintes horarios: de luns a venres de 9:00 a 19:00 h os sábados de 10:00 a 13:00 h. Non se admiten inscricións por outras canles (neste caso non se aceptarán inscricións por correo electrónico, mensaxería móbil de calquera tipo, etc.)

2.- Logo de chamar por teléfono quedará preinscrito na acción formativa. Se lle facilitará un núm. de conta para realizar o pagamento da cota de inscrición (25 euros/persoa); é importante indicar no concepto da transferencia ou documento bancario de pagamento a palabra chave "Poda".

3.- O primeiro día do taller os asistentes deberán entregar o xustificante de ter realizado o pagamento.

4.- As prazas son limitadas: cubriranse por orde de inscrición ata esgotar o número de prazas. O prazo de inscrición rematará en canto e cubran todas as prazas.

5.- Que pasa se estou inscrito/a e non poido asistir?

É moi importante que as persoas inscritas que non poidan asistir avisen con anterioridade para que a praza poida ser cuberta coa listaxe de agarda. No caso de que a persoa inscrita non comunique con anterioridade que non asistirá ao taller esta persoa non se poderá inscribir para o seguinte taller ou curso que se desenvolva na Aula da Natureza de Abegondo.


RGporn.com - Download Porno HD