Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

A actividade do Parlamento Galego chega aos estudantes do IES deViós

Unha charla-coloquio con ex deputados deulles a coñecer aos mozos o traballo dos parlamentarios

Palabras clave

  • educación
  • Viós

Abegondo, 28 de xaneiro de 2015. O Concello de Abegondo, en colaboración coa Asociación de Exparlamentarios de Galicia, organizou hoxe unha charla-coloquio no Instituto de Educación Superior de Viós (Abegondo). Os políticos, asistentes en condición de exparlamentarios, que formaron parte desta mesa-coloquio foron o alcalde, José Antonio Santiso Miramontes (PP), Antolín Sánchez Presedo (PSdeG) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG). O obxectivo deste encontro foi achegarlles aos estudantes de  ESO a actividade do Parlamento de Galicia en particular, o desempeño das súas funcións como deputados da cámara e a vida política en xeral. Luis Freire,director do IES exerceu de presentador-moderador achegando o contexto informativo necesario aos estudantes. Proxectouse un vídeo explicativo que achegaba datos concisos sobre a composición da cámara, a estrutura dos seus órganos e demais detalles sobre a institución galega. Os ex-parlamentarios explicaron, dende distintos puntos de vista, as funcións e tarefas que desempeñaron no exercicio das súas funcións nun debate enriquecedor sobre a política autonómica que deu paso a un sen fin de preguntas por parte dos estudantes; todas elas de gran vixencia no contexto rexional e tamén nacional.


A curiosidade dos mozos apuntou cara a temas como a corrupción, a liberdade de expresión e a Lei Mordaza, as novas formacións políticas, ou a responsabilidade política e riscos propios do cargo, entre outras. E Grecia tamén estivo presente. Santiso expresou en referencia a unha pregunta sobre Syriza a súa insatisfacción respecto á formación dun goberno composto unicamente por homes.


RGporn.com - Download Porno HD