Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

O Concello de Abegondo e a Xunta de Galicia inauguran a rotonda de San Tirso de Mabegondo coroada cun monumento á convivencia de home e natureza

A escultura, obra de Francisco Escudero, fai lembraza da Reserva da Biosfera impulsada polo alcalde

Abegondo, 6 de marzo de 2015. - O Concello de Abegondo e a Xunta de Galicia inauguraron a rotonda de San Tirso de Mabegondo, unha obra moi desexada polos veciños para mellorar a circulación nun dos principais cruces do municipio. A nova glorieta regula o tráfico na intersección da AC-542 coa estrada que dá acceso á autovía A-6.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e a conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez, foron os encargados de inaugurar a rotonda, coa presenza dos veciños de San Tirso e coa bendición do propio párroco.

No acto descubriuse unha escultura, situada na glorieta, que honra á natureza. O Concello de Abegondo colocou unha escultura en lembranza da unión entre home e Biosfera que persegue a Reserva de Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, iniciativa do alcalde, José Antonio Santiso.

A figura foi ideada polo escultor Francisco Escudeiro. Componse dunha estrutura en metálico e un acio de follas. Representan á natureza e a obra humana unidas en harmonía por medio do contraste das formas figurativas das follas de árbore e as liñas rectilíneas da estrutura.

"Queremos que represente a esencia do que é Abegondo: un lugar eminentemente rural onde a natureza e o home tentan convivir en harmonía", sinala o rexedor, unha idea que é a principal na reserva de biosfera e que valeu para o seu recoñecemento pola Unesco.

Escudeiro sinala que a obra pretende transmitir unha realidade de cambio e modernidade en canto ao aproveitamento dos recursos naturais.

Santiso explica que se elixiu este monumento dado que estará situado na porta de entrada de Abegondo e así se "mostra o concepto de calidade de vida" que prima no municipio: o aproveitamento dos recursos naturais como motor dunha economía sustentable, e por outro unha calidade de vida baseada no respecto e goce da natureza que o forma.