Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Fondo pesar en Abegondo polo falecemento do concelleiro Eduardo Zapata en accidente de tráfico

Abegondo, 23 de febreiro de 2015- O Concello de Abegondo quere amosar a súa profunda consternación polo falecemento no mediodía de hoxe do concelleiro Eduardo Zapata, nun tráxico accidente de tráfico que aconteceu na parroquia de Cabanas. O coche que conducía saíuse da vía impactando contra unha árbore e terminou incendiándose.

Eduardo Zapata era concelleiro do goberno local de Abegondo, do Partido Popular. Entrou na corporación no ano 2007 e desde 2009 forma parte do grupo de goberno. No actual mandato coordinaba as áreas de Promoción Económica, Industria, Mercados e Comercio, e desde decembro tamén a área de Protección Civil.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, lamentou a morte de "un amigo e unha persoa moi querida en Abegondo" e transmitiu á súa familia todo o ánimo e apoio nestes momentos, en nome da corporación e do Concello.

O seu falecemento causou un fondo pesar en todo o municipio.

Descanse en paz.