Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Antonio García Villaverde, novo edil do Concello, tomou posesión no pleno de hoxe

O Concello deu o visto e prace a un plan para arranxar estradas en 11 parroquias. Un recurso ao PXOM interposto por Telefónica rebaixa a 200 metros do núcleo o límite de distancia para colocar antenas de telefonía móbil

Abegondo, 29 de xaneiro de 2015- O Concello de Abegondo realizou a sesión ordinaria do pleno da corporación no mediodía de hoxe. E fíxoo cunha cara nova: a de Antonio García Villaverde, do grupo popular, que tomou posesión do seu cargo de edil no pleno. García Villaverde terá as delegacións de Iluminación Pública e Enerxía. O alcalde e os concelleiros dos grupos déronlle a benvida á corporación. Esta incorporación ao grupo de goberno prodúcese tras a renuncia á acta de Noelia Carro, por motivos laborais, ao non poder compaxinar o seu traballo coa dedicación que require o Concello. A área de Xuventude será asumida por Alberto Seoane; Turismo, por Gustavo Quindimil; e Protección Civil, por Eduardo Zapata. Na xunta de goberno local, o posto de Carro é xa ocupado por Gustavo Quindimil.

 

Plan de obras

Outro dos asuntos abordados no pleno foi o plan PAI que promove a Deputación da Coruña.

É un préstamo a fondo perdido que o Concello de Abegondo, ao carecer de débeda bancaria, pode destinar a obras. E así será: acometeranse arranxos de estradas en 11 parroquias: Abegondo,Mabegondo, Crendes, Cos, Meangos, Sarandós, Cerneda, Cullergondo, Montouto, Viós e Vilacoba. En total, o plan ten un orzamento de 229.288,40 euros.

 

Recursos ao PXOM

O alcalde deu conta tamén das distintas sentenzas a contenciosos interpostos contra o PXOM ou algunha das súas partes. Das seis sentenzas recibidas, cinco rexeitaron a totalidade dos recursos e impuxeron as costas aos demandantes. Só unha foi admitida parcialmente. Foi o recurso interposto por Telefónica. O Concello marcou no PXOM que as antenas de telefonía móbil non puidesen estar a menos de 500 metros dos núcleos, para protexer os residentes. Non obstante, o recurso presentado por Telefónica leva o Tribunal a rebaixar esa limitación a 200 metros, equiparándoo á lexislación estatal.

Mocións

Finalmente, no pleno debatéronse as mocións presentadas por AxA e polo grupo popular buscando que os partidos adquirisen compromisos de cara ás eleccións municipais. A primeira, que foi rexeitada, referíase a evitar a concorrencia de persoas imputadas nas listas e a segunda, que foi aprobada con votos de goberno local e AxA, a evitar a concorrencia de persoas que non viva, traballe ou nacese en Abegondo.