Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Abegondo instala novas luminarias LED e centros de mando intelixentes para promover o aforro

Os traballos leváronse a cabo en Crendes, Mabegondo e Abegondo

 

Abegondo, 10 de xaneiro de 2015. O Concello de Abegondo vén de realizar actuacións de modernización da iluminación pública. Cun proxecto participado a través do Consorcio As Mariñas, o goberno local puido levar a cabo diversos proxectos para investir no aforro enerxético.

Estas melloras consistiron por un lado, no cambio das antigas fontes de luz por outras novas de tipo LED na estrada AC-542, no tramo entre San Marcos e San Tirso de Mabegondo. Por outra banda, dispuxéronse tamén centros de mando intelixentes en Orto de Arriba (na estrada que comunica coa Aula da Natureza) en Vilar (parroquia de Crendes) e mais no Monte (parroquia de Mabegondo).

Estes centros de mando farán posible controlar mellor o acendido e apagamento das luminarias e así reducir ou gasto de enerxía. Estas reformas foron posible grazas á subvención concedida polo Instituto Enerxético de Galicia ao ente supramunicipal do que forma parte o Concello de Abegondo.