Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Técnicos europeos de Suecia, Polonia, Italia e Bélxica descobren as propostas de reciclaxe de Abegondo

Os participantes no programa Ecowas, que celebra hoxe e mañá as súas xornadas de peche, visitaron hoxe os centros educativos do municipio

Abegondo, 22 de xaneiro de 2015- Abegondo iniciou hoxe as xornadas de clausura do programa europeo Ecowas, desenvolvido os últimos dous anos para buscar estratexias de reciclaxe e reutilización de residuos. Técnicos dos municipios de Mölndal(Suecia), Lublin e Sosnowiec (Polonia), Traversetolo (Italia), Hasselt (Bélxica) visitaron pola mañá varios puntos de Abegondo para coñecer as propostas que aquí se realizan. Entre os lugares visitados estiveron os centros educativos. O alcalde e o concelleiro de Educación mostráronlles aos técnicos europeos as formas de valorización dos residuos a nivel educativo. Na escola infantil municipal chamou a atención dos visitantes o aproveitamento que se realiza dos residuos para que logo os pequenos desenvolvan talleres que ideen unha segunda vida. É o caso do cartón ou dos envases, que se podía ver que funcionaban por exemplo como macetas. Así mesmo, a escola recollía materiais máis contaminantes, como CD e pilas, para proporcionais o tratamento axeitado. E os tapóns, solicitados en diversas campañas solidarias.

Xa pola tarde comezaron as xornadas na Casa do Concello, coa inauguración por parte do alcalde e do vicepresidente da Deputación da Coruña, Antonio Cañás. En primeiro lugar abordáronse as técnicas de implicación cidadá. Logo as sesións abordaron a vertente educativa, contando coa experiencia do Concello da Coruña.

Ademais, o Concello de Abegondo expuxo os resultados do seu plan piloto de compostaxe doméstica. Varios veciños dun núcleo levan este tempo cun compostador onde botan os residuos orgánicos. Estas son as últimas xornadas do programa Ecowas, que tivo por obxecto achar unha estratexia común para promover a reciclaxe e minimizar os problemas ambientais que xorden no tratamento de residuos. A clausura do evento terá lugar mañá ás 18:00h, cun concerto de despedida e o peche da conferencia da man da conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, e do alcalde de Abegondo.