Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Abegondo estrea o campo de fútbol de San Tirso nunha multitudinaria inauguración

El alcalde equiparou a excelencia no deporte abegondense co logro da reserva de biosfera. Os biberóns foron os primeiros en disputar un partido no novo céspede de última xeración

Abegondo, 16 de novembro de 2014. O Concello de Abegondo celebrou hoxe por todo o alto a apertura dunha ansiada infraestrutura para o deporte de base. O campo de fútbol do Monte, en San Tirso de Mabegondo, foi inaugurado oficialmente na mañá de hoxe tras as obras de reforma e modernización acometidas polo goberno local.

Os xogadores de todas as categorías das escolas municipais de fútbol, así como os xuvenís e modestos do club San Tirso, participaron na estrea dunha instalación, concibida para dotalos de mellores prestacións na práctica do deporte. Nas bancadas, decenas de pais e veciños, o que sumaba en total un millar de persoas no recinto.

O alcalde de Abegondo contou para inaugurar o campo co presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, administracións que apoiaron o Concello no financiamento do proxecto. O evento contou así mesmo con invitados de renome, como o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, o presidente da Federación Galega de Fútbol, José Liñares, ou o presidente do Deportivo, Tino Fernández.

Santiso destacou na súa intervención o "papel clave" dos socios do San Tirso para lograr que esta obra se levase a cabo e impulsar o traballo das escolas municipais. "Ver estes centos de rapaces que se están formando no deporte base e nos seus valores é emocionante", confesou.

O rexedor enxalzou a situación deportiva actual de Abegondo, cunha gran participación veciñal, e infraestruturas de primeira categoría. Por iso non dubidou en equiparar a excelencia ambiental, que levou a Unesco a recoñecer o territorio como reserva de biosfera, coa excelencia deportiva, á que contribúe este campo remodelado.

Pola súa parte, o presidente da Deputación, Diego Calvo, confirmou o avanzado por Santiso a pasada semana: de forma inminente asinarase un convenio entre a institución provincial e o Concello para emprender a reforma dos vestiarios, outra das peticións dos pais, que aplaudiron a noticia. E o secretario xeral para o Deporte resaltou as condicións para a práctica deportiva que dispón agora o campo de fútbol, sobre todo en comparación co estado que tiña.

As obras consistiron principalmente na dotación de céspede artificial de última xeración, que prevén de lesións, co seu sistema de rego. O terreo de xogo dispón dun campo de fútbol 11 e dous transversais de fútbol 7. Así, o Concello proporcionaralle á instalación unha maior funcionalidade e diferentes tipos de uso. O investimento alcanzou os 240.000 euros.

Tras descubrir a placa nas bancadas, os biberóns, a categoría de menor idade das escolas, disputaron o primeiro partido de fútbol do novo campo.