Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

A Deputación abre o prazo da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro de toda a provincia

O prazo para solicitar as axudas remata o 20 de novembro ás 14.00 horas

O Boletín Oficial da Provincia do 27 de outubro de 2014 publica as bases da convocatoria ordinaria de subvencións da Deputación dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para toda a provincia da Coruña.

En concreto, trátase das axudas nas áreas de Promoción Económica, Cultura, Deportes e Servizos Sociais. O prazo de presentación abriuse o día 27 e e remata o 20 de novembro ás 14.00 horas para todas as liñas de axudas. A presentacións de solicitudes realizarase de forma telemática a través da web www.dicoruna.es.

Sesións informativas

Ademais, para resolver as dúbidas que poida haber sobre o proceso de presentación de solicitudes e a utilización da plataforma telemática, a Deputación segue coa celebración de charlas informativas ao longo de toda a provincia.

No caso de entidades de Abegondo, a sesión explicativa terá lugar o próximo luns, 3 de novembro, ás 20.00 horas no Salón Azul do Liceo de Betanzos, situado na Praza de Galicia.

Máis información en www.dicoruna.es, no BOP do día 27/10/2014 e na Casa do Concello.