Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Decenas de veciños acoden ás inauguracións dos centros sociais de Cullergondo e Sarandós

Abegondo, 12 de marzo de 2011. O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, inaugurou onte, coa presenza de decenas de veciños da zona, o centro social da parroquia de Cullergondo. O rexedor, que estivo acompañado polo seu equipo de goberno ao completo, presidiu a apertura dunha dependencia que anteriormente funcionou como escola.

O proxecto consistiu na reconstrución do antigo centro de ensino para convertelo en centro social. Os traballos incluíron a renovación da cuberta, o pintado exterior e interior, ou a instalación de portas. Así mesmo, creáronse dous baños completos e instalouse mobiliario.

O primeiro edil destacou a aposta do Concello por que "os veciños de todas as parroquias dispoñan dun centro destinado a eles". Santiso recoñece que esta decisión supuxo un esforzo para o Concello, pero entende que os beneficios que levará para os residentes "merecen a pena".

O alcalde resalta que os centros sociais funcionan, xa non só como espazo para actividades e para o ocio dos veciños, senón como punto de encontro na parroquia. "Propician un contacto diario que doutra forma non se lograría, máxime coa realidade de dispersión de poboación de Abegondo", sostén.

Santiso acudirá na noite de hoxe, ás 20.30 horas, á parroquia de Sarandós a inaugurar o centro social que acaba de ser reformado polo Concello. Neste caso, a actuación consistiu no arranxo das fachadas, a adecuación dos vestiarios, o cambio de portas, o pintado interior e exterior e o cambio do lavadoiro.

Entre as dúas obras, o Concello destinou máis de 80.000 euros á creación de dous espazos veciñais "fundamentais" para as parroquias.