Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Abegondo emprende a remodelación do centro social de Limiñón coa mellora da cuberta

O Concello adaptará a imaxe exterior da dependencia ao azul da rede municipal de centros sociais

O Concello de Abegondo continúa co seu plan de mellora da rede de centros sociais do municipio. Na actualidade, o goberno local afronta a reforma do local social da parroquia de Limiñón.

Co paso dos anos, a instalación adquiriu problemas de filtracións. Para evitalas, o Concello remodela a cuberta, colocando no seu lugar unha inclinada que garanta a impermeabilización. Os traballos, xa en marcha, estanse centrando agora na reforma desta cuberta.

Así mesmo, o Concello dotará a instalación de novo mobiliario e equipamento como libros, ordenador e aparatos deportivos. Desta forma, potenciarase o seu uso e aproveitamento.

A dependencia será pintada de azul e contará cos rótulos identificativos do Concello e da parroquia. Desta forma adaptaranse á imaxe creada para a rede de centros sociais municipais, xa implantada en boa parte deles. Con esta decisión, o goberno local logrou incrementar a visibilidade dos centros.

O alcalde sinala que estas obras responden á necesidade de melloras detectada polo Concello e tamén polas peticións recibidas por parte dos usuarios e asociacións veciñais. O rexedor asegura que é intención do goberno que preside "manter nas mellores condicións unhas dependencias que funcionan como punto de encontro dos veciños e permiten a celebración de actividades".

A obra conta coa axuda económica da Xunta de Galicia, que achega 30.000 euros para a renovación do centro de Limiñón e de Leiro, que se acometerá en próximas datas.