Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle nova

Abegondo impulsa un centro xuvenil en Figueroa para dar resposta ás necesidades dos mozos do municipio

O Concello adapta o proxecto aos requirimentos de Patrimonio. A dependencia emprazarase na antiga Escola do Neno Xesús. O Concello asinou un convenio coa Igrexa para a cesión do inmoble por 25 anos para crear un centro social, xa aberto, e o centro xuvenil

Abegondo, 22 de agosto de 2012. O Concello de Abegondo traballa na creación do primeiro centro xuvenil do municipio. Emprazarase na antiga Escola do Neno Xesús, na parroquia de Figueroa, co que se destinará a uso público un emblemático inmoble.

O Concello asinou un convenio coa Igrexa para a cesión da dependencia, cunha vixencia de 25 anos. Dado que o edificio se encontraba en desuso, requiría unha importante remodelación para a súa transformación e acondicionamento para a súa utilización.

A escola tiña unha configuración de dúas naves laterais e unha ampla parte central. Unha primeira fase consistiu precisamente na reforma do espazo central. Foi realizada a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local cun presuposto de 106.797,79 euros. Os traballos completáronse e alí xa funciona un centro social para os veciños da parroquia.

A segunda fase abordará a reconstrución das naves laterais. Unha delas albergará o centro xuvenil. Isto necesitará o investimento de 93.431,85 euros, que o Concello incluíu o ano pasado no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

Antes de comezar as obras, dado que se trata dun inmoble con valor patrimonial, é necesario acordar as condicións coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Por iso, o Concello variará varios aspectos do proxecto antes de acometer as obras.

Patrimonio require que as cores da edificación completa sexan uniformes, que la altura das cornixas se manteña nas medidas actuais e que se aclare a estrutura da cuberta. O Concello acelerará esta tramitación para que o primeiro centro xuvenil de Abegondo sexa realidade canto antes.

O alcalde sinala que o proxecto quere responder ás necesidades de equipamentos trasladadas polos mozos e mozas do municipio. O rexedor apunta que este centro poderá ser un "punto neurálxico" para a xente nova "para levar a cabo as súas ideas e proxectos e propiciar o asociacionismo xuvenil".

O rexedor apunta que o investimento decidido nos centros sociais responde ao obxectivo de "proporcionar a todos os veciños de Abegondo instalacións que sirvan tanto para dispoñer dun punto de encontro como para levar a cabo programas de actividades".