Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Histórico novas

Abegondo, Bergondo e Carral únense nun proxecto conxunto para aforrar 17.200 euros ao ano en iluminación pública

27 de Abril de 2013

Os tres concellos buscan o financiamento do Inega. As actuacións consistirán na instalación de sistemas de baixo consumo

Abegondo pecha 2012 con 302.000 euros de remanente tras adiantar a amortización dos seus créditos bancarios

13 de Abril de 2013

O aforro neto revela que o Concello dispón de capacidade de investimentos con recursos propios. O alcalde atribúelle o resultado ao esforzo de todos os departamentos municipais

O alcalde reúnese coa conselleira de Medio Rural para impulsar a creación en Abegondo do primeiro parque ecoagrario de Galicia

28 de Marzo de 2013

O espazo, xa con solo no PXOM, contará con viveiro de empresas, terreos para emprendedores e aulas e fincas para a formación. A conselleira valora o proxecto piloto porque encaixa na liña de parques agrarios que pretende a Xunta

Abegondo celebra o Día da Árbore plantando castiñeiros na futura área recreativa de Beche

21 de Marzo de 2013

O alcalde leu o manifesto resaltando a importancia das árbores e reforzando a candidatura da comarca á reserva da biosfera

O pleno de Abegondo aproba a ordenanza para a regulación das obras de urbanización

20 de Marzo de 2013

A corporación renova o convenio da nova rotonda de San Tirso para que a Xunta licite a obra de forma inminente. O Concello sacou adiante todos os puntos sen votos en contra

A Comisión Europea examina os resultados do programa de mellora da calidade da auga impulsado por Abegondo, a Xunta e Emalcsa

11 de Marzo de 2013

Unha auditora visita hoxe o municipio para inspeccionar as actuacións acometidas. Visitou as novas estacións depuradoras, a rede de control de calidade e as fontes e mananciais recuperados

Os veciños apoian o proxecto europeo que impulsa o Concello para crear solucións de abastecemento e saneamento autónomo

9 de Marzo de 2013

Abegondo, Sanidade e Augas de Galicia apostan por aproveitar as augas subterráneas nos núcleos dispersos. O plan promoverá almacenar a auga da choiva para a rega e depurar a auga residual mediante bacterias

Abegondo comeza as obras de saneamento no núcleo do Couto

5 de Marzo de 2013

A obra supón un investimento de 55.000 euros

Abegondo emprende a remodelación do centro social de Limiñón coa mellora da cuberta

1 de Marzo de 2013

O Concello adaptará a imaxe exterior da dependencia ao azul da rede municipal de centros sociais

Abegondo elimina barreiras arquitectónicas nos xardíns da Casa do Concello

21 de Febreiro de 2013

Os alumnos do obradoiro de emprego levaron a cabo os traballos. O Concello reordenou a parada de taxis

Abegondo propón probar un novo sistema de separación e reutilización de residuos nunha comunidade piloto de 50 casas

6 de Febreiro de 2013

Nace o proxecto Ecowas, único coordinado por un municipio español co financiamento europeo