Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Histórico novas

Abegondo e Bergondo repiten alianza para ofrecer un servizo de orientación laboral en ambos os dous municipios

21 de Decembro de 2013

A orientadora traballará durante un ano en semanas alternas nos dous concellos. O seu traballo empeza con entrevistas individualizadas para marcar un itinerario persoal ao demandante de emprego

A Xunta valida a declaración das ribeiras do Mero e o Barcés como Espazo Natural de Interese Local

14 de Decembro de 2013

A figura protexe e preserva as servidumes dos 5 ríos que atravesan Abegondo. O Concello comprométese a actuacións de protección e difusión e elaborará un plan antes de 2 anos

Abegondo crea unha brigada para o arranxo de espazos públicos e zonas verdes

9 de Novembro de 2013

Conta con 3 peóns e un albanel que traballarán no municipio durante os próximos 4 meses. Efectuarán melloras en áreas recreativas, espazos naturais, centros sociais ou fontes

Abegondo, Bergondo e Carral completan un proxecto conxunto de eficiencia enerxética para aforrar 17.200 euros ao ano en iluminación

4 de Novembro de 2013

Os tres concellos uníronse e obtiveron o financiamento do Inega. O proxecto contou cun investimento de 135.000 euros

Os maiores de Abegondo aproveitaron os beneficios do xofre de Augas Santas

31 de Outubro de 2013

O Concello aínda conta con prazas libres para as próximas actividades termais, en Guitiriz

A veciña máis lonxeva de Abegondo cumpre os 104 anos

14 de Outubro de 2013

Familiares, veciños e o Concello celebraron o aniversario

O Concello de Abegondo crea un programa de outono de espectáculos culturais

2 de Outubro de 2013

Música, humor ou monicreques compoñen a axenda Artistas como María do Ceo, Carlos Blanco ou Sergio Pazos visitarán este mes o municipio

Abegondo acorda coas ANPA duplicar o investimento no banco de libros ante o éxito logrado na súa primeira edición

30 de Setembro de 2013

As axudas das asociacións e do Concello permitiron a 80 nenos obter todos os seus libros por 30 euros. O alcalde asinou os convenios para desenvolver actividades de conciliación no curso

A carpa Xplora de Xuventude entusiasma os alumnos do instituto de Abegondo

A carpa Xplora de Xuventude entusiasma os alumnos do instituto de Abegondo

18 de Setembro de 2013

A Xunta elixe o IES de Viós como o primeiro centro educativo para desenvolver a súa campaña informativa destinada á mocidade

Abegondo inaugura o domingo a área recreativa de Beche cunha completa xornada familiar aprazada en xullo polo accidente de tren

11 de Setembro de 2013

Comida campestre, música, piragüismo, inchables, xogos, talleres ou sendeirismo compoñen o programa. A área amplía Beche con mesas de pedra, xogos de aventura ou refuxios para pescadores

Abegondo medirá a calidade da auga das 200 casas sen posibilidade de abastecemento municipal para emprender o proxecto piloto aprobado pola Unión Europa

9 de Setembro de 2013

Elaborará un plan de sostibilidade para afrontar as necesidades das vivendas nesta situación. O Concello convoca os veciños a unha reunión para o 10 de setembro. O programa piloto nace coas miras postas en 600.000 galegos e 1 de cada dez europeos que necesitan un sistema autónomo de augas

Abegondo clausura o programa de verán, que ofreceu actividades na ludoteca e na piscina e estreou piragüismo en Beche

30 de Agosto de 2013

Os pequenos asistiron ao espectáculo Babacontos para celebrar o remate das actividades

Abegondo dedica 40.000 euros na concesión de bolsas educativas para 328 veciños

29 de Agosto de 2013

O sistema do Concello axúdalles aos alumnos de todas as etapas educativas. O alcalde aposta por estas achegas para paliar os gastos como o transporte ou o material escolar

A colaboración entre Concello, Xunta, Deputación e Igrexa dotará a Abegondo dun renovado acceso desde a autovía

A colaboración entre Concello, Xunta, Deputación e Igrexa dotará a Abegondo dun renovado acceso desde a autovía

10 de Agosto de 2013

O goberno municipal inaugura cos veciños o novo acceso ao cemiterio de Mabegondo