Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Histórico novas

O “laboratorio de ideas” de Abegondo busca agora solucións innovadoras para os 650.000 galegos sen abastecemento

3 de Xuño de 2014

O alcalde asinou hoxe o convenio co conselleiro de Medio Ambiente e a conselleira de Sanidade para levar a cabo o proxecto “Rural supplies”

O I Día da Familia de Abegondo reuniu a 2.000 persoas no parque de Beche

1 de Xuño de 2014

Os veciños gozaron de comida campestre, piragüismo, talleres, inchables e a música de Rosa Cedrón, Sito Sedes, Paco Lodeiro e Carlos Manteiga

O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2014

8 de Maio de 2014

Os traballos poderán ser presentados ata o día 23 de maio

Abegondo aproba un financiamento de 425.000 euros para os servizos sociais comunitarios

5 de Abril de 2014

O Concello é o principal financiador, cun 38%, superando as axudas de Xunta, Estado e Deputación. O gasto social supón o 12% do orzamento

Abegondo celebra a VIII edición das xornadas “Entre Mulleres”

3 de Abril de 2014

Os obradoiros de igualdade contaron coa participación de 187 alumnos de colexio e instituto

O Concello aproba a conta xeral e o plan especial para a rotonda de Mabegondo

21 de Febreiro de 2014

O pleno acordou encomendarlle ao Consorcio As Mariñas a realización dun proxecto de eficiencia enerxética na comarca

Abegondo comeza esta semana as obras de remodelación da praza da igrexa de Santa Eulalia

17 de Febreiro de 2014

O Concello dedica 160.000 euros a humanizar a zona. É unha demanda trasladada polos veciños ao goberno municipal

Abegondo amplía a conexión de Crendes e Orto coa autovía A-6

14 de Febreiro de 2014

O Concello dedica 40.000 euros a modernizar a calzada que tamén enlaza con Mabegondo e a cidade deportiva. O alcalde destaca a importante mellora da mobilidade que suporá a obra para os veciños

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibiu o título oficial de reserva da biosfera de mans do ministro de Medio Ambiente

5 de Febreiro de 2014

Santiso destacou a participación social que segue a reserva como “clave do éxito”. Arias Cañete eloxiou o consenso logrado no proceso. O alcalde de Abegondo propúxolle ao ministro crear unha eurorrexión coas reservas de Galicia, Asturias, Castela e León e Norte de Portugal

Abegondo acorda a compra dun terreo para un novo centro de saúde e impulsar o plan especial da capital municipal

1 de Febreiro de 2014

O Concello desembolsará 200.000 euros na operación e iniciará contacto coa Xunta para pedir o novo centro de saúde. O plan especial dotará a San Marcos de novos accesos mellorando notablemente a mobilidade para os veciños

O Concello intercede ante Educación para a instalación dunha cuberta no patio de Infantil do CEIP San Marcos que pide a ANPA

31 de Xaneiro de 2014

Servirá para proporcionar protección ante o mal tempo e zona de sombra. O alcalde confía na receptividade da Xunta á proposta porque supón responder a unha necesidade

Abegondo abre o prazo dun mes para solicitar as bolsas educativas

17 de Xaneiro de 2014

O incremento das axudas universitarias e a introdución de bolsas para a Aula Mentor, novidades da convocatoria

Abegondo aproba en pleno unha ordenanza para regular as talas de madeira no municipio

15 de Xaneiro de 2014

Obrigará as empresas a presentar un aval antes dos traballos para responder ante posibles danos, se carecen de seguro de responsabilidade civil. A Universidade de Santiago analiza o modelo adecuado para o parque ecoagrario de Montouto

Abegondo aproba o inventario de bens que alcanza un valor de 31 millóns de euros

26 de Decembro de 2013

Destaca as máis de 1.500 vías de titularidade municipal e os 36 edificios municipais