Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo deseña un protocolo de seguridade polo COVID-19 para a tempada de verán da piscina municipal

A instalación albergará un máximo de 55 persoas, das que só 20 poderán coincidir no vaso da piscina | A entrada será gratuíta

A piscina municipal, ao aire libre, constitúe habitualmente una das principais atraccións do verán en Abegondo. Este ano, coa emerxencia sanitaria polo  COVID-19, o  Concello deseñou un protocolo de seguridade e protección que permitirá abrila entre o 1 de xullo e o 31 de agosto.

A limitación do aforo será unha das principais medidas. A capacidade máxima do recinto fixarase en 55 persoas, das que como máximo 20 poderán estar no vaso da piscina. Un control de acceso impedirá que se xunten máis persoas na instalación.

Nos vestiarios, o aforo máximo será de 10 persoas, cunha distribución que asegure a separación de dous metros. As duchas interiores quedarán clausuradas.

O  Concello incidirá na limpeza como vía básica para minimizar o risco de  contagios. Se  desinfectarán as zonas de tránsito dos bañistas polo menos 3 veces ao día. Nas superficies de contacto como  pomos das portas, baños ou varandas, a limpeza terá unha maior frecuencia.

A entrada e saída realizaranse por sitios diferenciados, promovendo a distancia social. O mesmo ocorrerá en todo o recinto, con marcas no chan para guiar a que se manteña esa separación entre usuarios.

Con estas características especiais terá a piscina a causa do  COVID-19, o  Concello decidiu que este ano a entrada será gratuíta. "Queremos que os veciños dispoñan do mellor servizo posible dentro do imprescindible protocolo de seguridade que hai que adoptar", apunta o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso.

O horario da piscina para uso libre será de 14.30 a 20.30. Polas mañás se reserva aos cursos de natación para nenos, que se ofertan tamén cun destacado protocolo de seguridade. A inscrición xa está aberta na web municipal www.abegondo.gal.


RGporn.com - Download Porno HD