Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo incorpora a Caseta do Legoeiro ao inventario municipal coa idea de que acolla un Centro Social

O pleno municipal aprobou todos os puntos da orde do día entre os que se atopaban os proxectos para a segunda fase do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña que suporá unha inversión de 326.064,98 euros.

 

O Concello de Abegondo xa ten incorporado ao seu inventario de bens a Caseta do Legoeiro, un inmoble que cede a Xunta de Galicia. Tal e como lembrou o alcalde, José Antonio Santiso, no transcurso do pleno extraordinario celebrado hoxe (luns 19 de agosto), o inmoble preténdese dedicar "a acoller un centro social". A sesión plenaria serviu tamén para aprobar os proxectos que se incluirán na segunda fase do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña e que suporán un investimento de 326.064,98 euros, así como os festivos locais para 2020.

A Caseta do Legoeiro era no pasado unha residencia na que se acomodaban os traballadores que limpaban as cunetas dos camiños e que a Xunta de Galicia cedeu ao Concello de Abegondo. O proxecto que o Concello pretende aproveitar o inmoble para acoller un Centro Social que dea servizo aos veciños da estrada que une Herves con Montouto. Nesa zona antes dispúñase de ata catro establecementos de hostalaría que facilitaban as reunións veciñais, con todo, estes locais xa non existen polo que se fai máis necesario dotar a este tramo dun espazo para a reunión veciñal que permita acoller actividades para a poboación de parroquias como Montouto, Figueroa ou Sarandóns.

O inmoble é unha casa de pedra de dúas alturas. O próximo paso a dar polo Concello é elaborar o proxecto de reforma e adecuación do espazo que contará cun lugar a modo  de ambigú. A xestión dese espazo de restauración sacaríase a concurso.

O pleno municipal de Abegondo aprobaba tamén os proxectos que se incluirán na segunda fase do POS+ Adicional 2019. A través do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña, financiaranse proxectos por un valor de 326.064,98 euros. En concreto:

  • Urbanización de rúas na Igrexa, Mabegondo  128.719,36 €
  • Urbanización tramo de rúa na Ferreria, Mabegondo  66.372,44 €
  • Seguridade Viaria no camiño de Couto a Vilar Meangos (AB-1059, AB-1678)             36.671,66 €
  • Reparación de camiños nas parroquias de Abegondo, Meangos, Vios e folgoso    94.301,52 €

No caso da urbanización de rúas na igrexa e na rúa Ferrería en Mabegondo, falamos das obras para urbanizar e dotar de beirarrúas ao contorno da futura sede da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesa e Terras do Mandeo e da escola infantil.

Tamén se incorpora unha actuación para dotar de maior seguridade viaria ao Camiño de Couto a Vilar Meangos (36.671,66 €), e a reparación de camiños nas parroquias de Abegondo, Meangos e Folgoso (94.301,52€).

O alcalde destacou no pleno que Abegondo que se trata da maior axuda anual da Deputación da Coruña asignada ao Concello de Abegondo. Esta circunstancia vén dada ao acumularse un total de 418.956,34 euros. Na primeira fase asignáronse ao municipio 92.891,36 euros (na que se incluían reparacións en camiños en Cullergondo, Figueroa, Leiro, Folgoso e Mabegondo) e nesta segunda 326.064,98 euros.

Martes de Entroido e San Pedro, festivos locais

Os festivos locais para o ano 2020 foron outro dos asuntos a tratar neste pleno extraordinario. Aprobouse que as datas correspondesen ao martes de Entroido, é dicir, o 25 de febreiro de 2020, e a festividade de San Pedro, que corresponde ao 29 de xuño de 2020. O día de San Marcos, patrón de Abegondo, cae este ano en sábado polo que se optou por elixir a xornada de San Pedro como o festivo local.

O pleno extraordinario estivo precedido polas comisións Informativa de Urbanismo e Informativa de Asuntos Xerais. Con respecto ao pleno, contou entre os seus puntos da orde do día con outros temas como a modificación das taxas de auga potable e a de rede de sumidoiros e depuración ás que se aplicará a subida do IPC. Todos os puntos da orde do día foron aprobados.

 


RGporn.com - Download Porno HD