Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo protexerá os mananciais para preservar a calidade da auga de fontes e traídas

A aposta do Concello de Abegondo por iniciativas innovadoras no ámbito da auga dá un paso máis. Aos tres programas europeos LIFE logrados (AquaPlann, que estivo dedicado a mellorar a calidade da auga; Rural Supplies, destinado a mellorar os sistemas de abastecemento autónomos como as traídas; e o Water Way, actualmente en marcha, cuxo obxectivo é proporcionar fontes con auga en parámetros sanitarios ao longo do Camiño Inglés) súmaselle agora unha regulación para protexer as captacións de auga subterránea.

Trátase dunha ordenanza que busca evitar a contaminación da auga nos seus puntos de captación. Está destinada a preservar mananciais que fornecen de auga a fontes ou traídas para o consumo humano.

O texto foi aprobado inicialmente polo pleno da corporación o pasado xoves sen ningún voto en contra (o goberno local votou a favor e AxA abstívose). O alcalde, José Antonio Santiso, explicou que o texto está suxeito a cambios na fase de exposición ao público de acordo cos propietarios das traídas.

Para iso pediu ao secretario que este prazo sexa o máximo posible, polo que será de dous meses, o dobre do habitual. E ademais decidiu que o Concello envíe unha comunicación a todas as traídas rexistradas para animalas a participar no proceso.

A ordenanza quere regular as actividades para realizar na contorna das captacións de augas. Establécese un radio de protección de 30 metros, nos que non se poderían realizar os seguintes traballos:

- Instalacións para almacenamento, transporte e tratamento de calquera tipo de augas residuais, hidrocarburos líquidos ou gaseosos, produtos químicos e residuos sólidos.

- Almacéns de produtos fitosanitarios e fertilizantes naturais, fosas de xurros, etc.

- Depósito e distribución de calquera tipo de fertilizantes e produtos
fitosanitarios

- Áreas de exercicio para gañado

Ademais, en canto a reforestacións, as de especies frondosas (incluídas na Lei de Montes) poderán realizarse a partir de 5 metros de radio. As das restantes especies, a partir de 15 metros. Santiso destacou a importancia de previr a afección dos recursos hídricos na súa captación para logo lograr a calidade da auga que se consome.


RGporn.com - Download Porno HD