Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo mostra o seu rexeitamento absoluto ao proxecto de subestación eléctrica que pretende Red Eléctrica no municipio

O Concello de Abegondo manifesta o seu absoluto rexeitamento ao proxecto de construción dunha subestación eléctrica que pretende Red Eléctrica no seu territorio. Así quedou de manifesto no pleno ordinario da corporación unha vez que o alcalde, José Antonio Santiso, informou das intencións trasladadas nos últimos días polo organismo.

A idea de construír a subestación saíu á luz en 2016. Entón, Red Eléctrica elaborou un documento inicial no que valoraba diferentes alternativas e que sacou a consulta pública. O Concello e os veciños afectados presentaron alegacións no devandito trámite, demandando concreción na proposta e a elección dunha alternativa que minimizase o impacto sobre a poboación, a natureza e a paisaxe.

Pasados case tres anos, non se obtivo contestación algunha ás alegacións nin ningunha información sobre os plans de Red Eléctrica. Agora, o delegado da entidade acudiu ao Concello para manter unha reunión co alcalde, na que tamén estivo presente o secretario municipal e o arquitecto.

Nese encontro, Red Eléctrica informou dos termos xerais da opción elixida. O organismo publicará en breve o proxecto para a súa exposición ao público e efectuará o estudo de impacto ambiental.

A actuación planeada supoñería a construción da subestación nunha superficie de 4 hectáreas, afectando á parroquia de Folgoso. As  torretas terían unha altura de 50 metros. Rede Eléctrica aduciu que esta opción é a que considera máis viable tecnicamente e considerou que era o trazado adecuado para conectar a liña das Pontes coa cidade da Coruña, principal finalidade, a pesar de que supón un percorrido longo.

O alcalde, na propia reunión, nada máis escoitar os argumentos da entidade, mostrou a súa “oposición tallante” ao proxecto e anunciou que utilizará “todos os medios xurídicos e políticos posibles” para que se rectifique.

Santiso convocou posteriormente á concelleira de AxA, Fátima Ínsua, para explicarlles os detalles solicitados do organismo. E o xoves informou o pleno da corporación.

A unión da corporación é total e quedou de manifesto o rexeitamento absoluto ao proxecto de Red Eléctrica polo impacto que supoñerá a Abegondo. Na contorna das instalacións proxectas atópanse vivendas e espazos públicos e naturais como o encoro de Beche.

Tamén se atopa o Camiño Inglés a Santiago. E ademais hai un estudo arqueolóxico sobre unha mámoa.

O alcalde expresou no pleno que Abegondo “non vai admitir unha nova infraestrutura con gran impacto e sen beneficio algún, como foi o caso da autoestrada AP-9”. Desde a secretaría municipal contactarase co estudo xurídico especializado, contratado no seu día para gañar as demandas ás eléctricas ante a ordenanza municipal establecida para que abonasen unha taxa polo uso do dominio público, para elaborar as alegacións oportunas en canto se publique o proxecto.


RGporn.com - Download Porno HD