Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo premia a creatividade artística dos seus veciños e veciñas coa entrega de galardóns do Certame Letras Galegas

O Concello de Abegondo premia, cada ano, a creatividade artística dos seus veciños e veciñas. Faino a través da organización do Certame Letras Galegas, co que busca promover as diferentes manifestacións culturais e fomentar o cultivo destas entre a poboación. A Casa do Concello acolleu hoxe, martes 16 de xullo, o acto de entrega de agasallos e premios, tras o fallo do xurado.

O acto tivo lugar na aula Multimedia do  Concello. O alcalde, José Antonio Santiso, estivo acompañado pola  concelleira de Educación e Cultura, Francisca  Bestilleiro, polas directoras do CEIP San Marcos e do IES de Viós, así como polo ex director do CEIP San Marcos.

Durante a entrega, o rexedor confesou ser un "amante e defensor da lingua", e explicou que sente un "agarimo especial por Antonio Fraguas -o autor homenaxeado este ano-  ao que  mesmo  cheguei a  coñecer". Así mesmo, Santiso aproveitou para felicitar a todos os galardoados polo traballo realizado.

Nas categorías infantil e primaria, así como na de mellores lectores, os premios consistiron en lotes de libros en galego. Na categoría secundaria e para menores de 18 anos, os premiados recibiron teléfonos móbiles e altofalantes portátiles. Os adultos premiados recibiron 150 euros como premio. Na categoría #AbegondoEnGalego, a primeira clasificada recibiu un teléfono móbil e, por último, o premio especial audiovisual tivo unha tablet electrónica como premio.

Os premiados foron:
CATEGORÍA INFANTIL
- Debuxo e Pintura:
1º premio: Alicia Abellón Domínguez
2º premio: Aroa Patiño Varela
3º premio: Izan Seoane  Ruzo

CATEGORÍA PRIMARIA
- Narrativa
1º premio: Adriana González Leira
2º premio: Roi Patiño Varela

CATEGORÍA SECUNDARIA E MENORES 18
- Narrativa
1º premio: Rebeca de la Fuente Ojea
2º premio: Tania Caridad Dans

- Poesía
1º premio: Sandra Rodríguez Macía
2º premio: Sabela Caamaño Reborido

CATEGORÍA ADULTOS
- Narrativa
Premio: Rocío Leira Castro
- Poesía
Premio: Noelia García Gómez

MELLORES LECTORES
Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do CEIP San Marcos: Jimena Bolaño Ámez

Premio ao mellor lector do ano da Biblioteca do IES Viós: Dana Torreiro Brandariz

Premio ao  mellor lector do ano da Biblioteca Pública Municipal de Abegondo: Sabela Budiño Prego

PREMIO #ABEGONDOENGALEGO
Zoe Amor Pan

PREMIO ESPECIAL AUDIOVISUAL DE PROMOCIÓN DO GALLEGO
Daniela Rey Faraldo

Durante o acto de entrega proxectouse tamén o curto realizado por Daniela Rey Faraldo, que recibiu o premio na categoría audiovisual. Este curto foi realizado integramente pola moza, que realizou a gravación, a  locución e a montaxe do mesmo.


RGporn.com - Download Porno HD