Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Medio milleiro de veciños uníronse para celebrar o patrón de Abegondo na XXVIII Festa do Maior

O Concello celebrou a festividade en honra ao seu patrón, San Marcos. E fíxoo cun festexo ao grande. En concreto, coa organización da XXVIII Festa do Maior, que este ano congregou a preto de 500 veciños e veciñas do municipio.

A festa levouse a cabo no restaurante El Pantano, onde os asistentes, engalanados para a ocasión e cun sorriso permanente na cara, degustaron un menú composto polos seguintes pratos: empanada, ensalada rusa, carne asada e, como punto doce, milhojas.

Ademais da comida, a celebración contou coas actuacións da Banda Municipal, así como de Carlos Manteiga e Melchor, encargados de amenizar a xornada aos centos de asistentes.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, estivo presente na festa, e aproveitou para agradecer a todos os asistentes a súa presenza no evento, con gran tradición no municipio. Destacou, ademais, o “espírito e vitalidade” dos maiores de Abegondo, que se confirma coa súa implicación nas actividades municipais que o Concello organiza ao longo de todo o ano.

O rexedor estivo acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pola responsable da área Sociosanitaria de Abegondo, Laura Calvo Quintela, polo de Desenvolvemento Sostible, Gustavo Quindimil Gómez, pola de Participación Veciñal, Desenvolvemento Ecoagrario, Formación e Emprego e Seguridade Cidadá, Francisca Bestilleiro Roel, polo de Mantemento Enerxético, Industria, Feiras e Xuventude, Marcos Zapata Díaz, polo concelleiro de Educación e Cultura, Luís Freire, e polo de Transparencia, Infraestruturas e Urbanismo, Alberto Seoane. Á comida acudiu David Longueira Reino, comandante da Garda Civil.


RGporn.com - Download Porno HD