Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O queixo artesán triunfou entre todas as idades na XX edición da Feira de Abegondo

Xornada plácida e moi familiar a celebrada o domingo 14 de abril en Abegondo. O Concello organizou a súa veterana Feira do Queixo, que cumpre a súa edición XX, reunindo por centos de veciños do municipio e alrredores.

O queixo foi o produto protagonista entre todas as idades. Pero nesta ocasión moi especialmente entre os máis pequenos, que puideron vivir a experiencia de facer o seu propio queixo de cabra nos talleres propostos. Logo leváronllo a casa cun gran sorriso.

Tamén puideron aprender como se ordeña, grazas á xigante vaca Candea. E un órgano de queixos tamén deu moito que falar.

A feira abegondesa caracterízase por poñer en valor o queixo artesanal elaborado con leite cru de vaca. Nunha carpa concentráronse os expositores e a degustación que ofrecía o Concello.

O alcalde, José Antonio Santiso, entregou un recordo a todas as queixeiras. Resaltou “a dedicación” que require o oficio e enxalzou as súas calidades como produto da Reserva de Biosfera.

Tamén houbo postos de venda de pan, empanadas, doces, marmeladas, e viño da terra. Así mesmo, como coincide coa feira tradicional, xuntáronse diversos postos con artigos téxtiles e de artesanía.

Como é habitual nas feiras de Abegondo, houbo degustación de tapas nos establecementos hostaleiros da zona, iniciativa introducida polo Concello neste novo formato de feira. Nesta ocasión o produto elixido para a ocasión será tamén o queixo.

Tamén tivo lugar a actuación da Escola Municipal de Música de Abegondo (grupo de gaitas).


RGporn.com - Download Porno HD