Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

O Concello de Abegondo e a Xunta de Galicia asinan un convenio para prolongar as sendas peonís da AC-542 en Montouto

O alcalde e a conselleira de Infraestruturas selaron o acordo que incrementará a seguridade viaria dos veciños

A estrada autonómica AC-542, a vía principal de comunicación de Abegondo, verá incrementada de xeito notable a seguridade viaria para os peóns. O Concello e a Xunta de Galicia veñen de acordar unha colaboración para prolongar a senda peonil da infraestrutura no tramo que conecta a capital municipal, San Marcos, coa parroquia de Montouto.

O alcalde, José Antonio Santiso, e a conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez, rubricaron o convenio para a execución do proxecto. A administración autonómica financiará e asumirá as obras, mentres que o Concello porá a disposición os terreos e encargarase do seu mantemento unha vez construída.

O proxecto consistirá na creación dunha senda peonil en aglomerado asfáltico, de 1,5 metros de ancho, nun tramo de 389 metros, entre os puntos quilométricos 12,067 e 12,456, onde a estrada carece de espazo reservado para o tránsito dos peóns. O treito comprende entre os núcleos da Picota e As Nogueiras, na marxe esquerda en dirección a Mesón do Vento, continuando a fase feita polo Concello en 2017.

A actuación completarase coa instalación dunha cuneta revestida de formigón armado, de 1,25 metros de ancho, e a rede de recollida de augas pluviais cunha tubaxe de PVC. Esta rede terá os seus pozos de rexistro e sumidoiros.


RGporn.com - Download Porno HD