Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

Abegondo oferta un programa de actividades e talleres para as persoas maiores do Concello de outubro a xuño.

O Concello aposta por dinamizar a vida social das persoas maiores do municipio e mellorar a súa saúde tanto física como mental.

O Concello de Abegondo organiza un programa de actividades para os maiores do municipio entre os meses de outubro a xuño. Esta iniciativa divídese en dúas áreas temáticas; unha sobre saúde e benestar e outra sobre novas tecnolóxicas e audiovisuais. Tamén está prevista unha Xuntanza de Nadal.

Na "Área de saúde e benestar" traballarase exercitar a memoria con talleres en Abegondo, os mércores pola tarde, e en Viós, os xoves pola mañá, ámbalas dúas desde este mes ata xuño. Tamén se tratarán cuestións relativas á educación para a saúde con tres xantares saudables, o 31 de outubro, 14 e 28 de novembro. E un curso de cociña sá para preparar menús baixos en azucre, sal e colesterol, serán pola mañá dos tres primeiros mércores de decembro.

O proxecto tamén aposta pola mobilidade dos veciños, por iso, ofértanse tres rutas saudables para que as persoas maiores interesadas poden coñecer mellor o concello e lugares da contorna da comarca. A primeira saída realizouse onte e as próximas serán os días 6 e 20 de novembro. Para garantir a seguridade viaria dos usuarios organizarase unha charla chamada "Maiores activos e seguridade" o venres 9 de novembro ás 11.00 horas.

Para a "Área de novas tecnolóxicas e audiovisuais" están programados dous talleres. Co primeiro obradoiro preténdese resolver dúbidas sobre o uso dos smartphoness e faranse todos os martes de xaneiro a abril.. E un segundo para fomentar as capacidades cognitivas a través das novas tecnoloxías, todos os martes de abril a xuño.

Para que os maiores se coñezan e reforcen os seus vínculos nunha Xuntanza de Nadal o 11 de decembro. Visitarase a Feira de Moeche e o seu castelo. A excursión continuará pola tarde en Mugardos e Ares.

Desde o Concello programáronse estas actividades para dinamizar a vida social das persoas maiores do municipio e mellorar así a súa saúde, tanto física como mental. Se prevé unha alta participación debido á boa resposta recibida po parte deste colectivo en anteriores ocasións.