Accesos directos para navegar por esta página: 

Cabecera

Empieza la cabecera de la web. Puede saltar este contenido y regresar a los accesos directos para navegar por la web

Formulario de búsqueda

¿Dónde te encuentras?

A continuación mostramos el menú de migas, que muestra el lugar exacto donde el usuario se encuentra actualmente. Si lo desea puede regresar a los accesos directos de navegación

Estás en

Menú de tercer nivel

Si quiere saltar este contenido, puede regresar a los accesos directos para navegar por la web

Detalle da nova

En marcha o proceso para seleccionar a persoas candidatas para o taller de emprego Emprendemento xuvenil promovido polo Concello de Betanzos xunto con Abegondo, Carral, Coirós e Paderne

Os interesados en tomar parte neste programa deberán ser menores de 30 anos, estar en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego e ser beneficiarias do Sistema de Garantía Xuvenil. Os aspirantes terán que acudir, canto antes, á oficina de Servizo Público de Emprego de Betanzos.

 

Xa está en marcha o proceso de selección de persoas candidatas para cubrir as 16 prazas ou postos de traballo -a través de contrato de formación e aprendizaxe- do taller Emprendemento xuvenil, promovido polo Concello de Betanzos xunto cos de Abegondo, Carral, Coirós e Paderne. Os demandantes estarán repartidos en dúas especialidades formativas: Información turística local e atención ao visitante (nivel 3) e Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (nivel 2).

Os aspirantes deberán cumprir tres requisitos: ter menos de 30 anos, estar en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e ser beneficiarias do Sistema de Garantía Xuvenil. Ademais, e segundo o nivel de formación, os candidatos deberán ter unha formación base equivalente á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou ao certificado de nivel 2 e Bacharelato ou ao certificado nivel 3.

A próxima semana, despois de estudar as peticións dos candidatos, o grupo de traballo mixto presentará as ofertas. Por esa razón, os aspirantes deberán acudir, canto antes, á oficina de Servizo Público de Emprego en Betanzos.

Está previsto que os contratos se realicen ao longo do mes de setembro. Os concellos promotores comprométense a facilitar as instalacións municipais para que os participantes realicen as prácticas profesionais remuneradas.

Os interesados poderán obter información adicional no Concello de Abegondo, tanto no departamento de Orientación Laboral como na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, chamando ao teléfono 981 647 996.